Agora que as lapas van desaparecendo e a situación comeza a estar máis controlada; agora que acabou o risco máis visible e palpable, agora que? Agora comeza o problema grave.

Acabamos de devolver mais de 200 Toneladas de CO2 á atmosfera, CO2 que durante anos captaron todas esas árbores que arderon estes días, e que agora está voltando á atmosfera e contribuíndo ao agravamento do cambio climático.

rexeneración forestal tras os incendios

Agora que se apagou o lume, os solos están cubertos de cinzas nas que queda toda esa materia orgánica que acumulaban os montes. Cinzas que arrastradas por choivas torrenciais, van a parar a rios e rías onde constituirán un problema enorme contaminando cauces e bancos marisqueiros.

As perdas son de enormes dimensións e aínda que a máis visible é a masa forestal, que é a que ten o valor monetario, a perda ecolóxica é incalculable.

Fauna que comezaba a súa hibernación, que morreu dentro das madrigueiras, fungos e liques, especies que levaban centos de anos construíndo un ecosistema. Ecosistemas que deberían garantir a nosa supervivencia foron convertidos en cinza.

Hai que sinalar aos responsables: goberno e incendiarios

O goberno pola súa política de abandono do rural, de aposta polos monocultivos pirófitos, pola súa deixadez e mirada para outro lado.

Os incendiarios, porque aínda que o monte estea cheo de maleza, se non se lle prende lume non arde.

E agora que?

Dende Amigos da Terra, estes días estamos recibindo numerosas chamadas e ofrecementos de axuda; moitas persoas solidarizándose e querendo actuar.

Botar unha man ao montePero ollo, aínda que toda a axuda é importante, en primeiro lugar debemos de lembrar que as boas intencións non bastan e para evitar accións contraproducentes é imprescindible intervir de xeito coordinado e supervisado por persoas e/ou colectivos cualificados.

Publicamos un documento de emerxencia con pautas concretas de actuación en montes queimados que marca o que se debe facer e tan importante como iso, o que non se debe facer. Podes descargar o documento, actualizado a 19 de outubro de 2017, pinchando na imaxe.

Ademais disto, aconsellamos á cidadanía contactar cos seus concellos, comunidades de montes e axentes forestais da zona.

Accións de voluntariado

A nosa entidade esta a preparar intervencións xunto con outros colectivos para realizar actuacións de prevención da erosión en montes queimados e de rexeneración vexetal. Se queres participar anótate no seguinte formulario: Accións recuperación en zonas incendiadas

Icon

Como actuar despois dos Lumes 8.64 MB 126 downloads

Aínda que toda a axuda é importante, en primeiro lugar debemos de lembrar que as...
Icon
Descargar Documento

Manual de Rexeneración de Montes Incendiados 124.44 KB 3375 downloads

Un ecosistema forestal despois dun incendio queda nunha situación moi vulnerable...
Icon
Descargar Documento

Manual do plantafragas 1.72 MB 2326 downloads

Este pequeno manual de plantafragas redactado de modo sinxelo e ameno, tenta ensinar...
Icon

Que facer con animais afectados en incendios forestais 536.41 KB 52 downloads

Guía rápida para saber como actuar con animais afectados por incendios forestais. ...