Hoxe sábado 11 de novembro, día de San Martiño, os grupos locais de Amigos da Terra e plataformas veciñais de todo o Estado que resisten o avance da gandería industrial celebrarán accións lúdicas e informativas acerca dos impactos desta industria e a necesidade de poñer en valor a gandería extensiva e outros modelos de desenvolvemento no noso medio rural.

 

Amigos de la Tierra, Plataforma Loporzano SIN Ganadería Intensiva, Plataforma Ciudadana Salvemos el Arabí y Comarca, Plataforma Cívica de Gamonal, Stop Macrogranjas Pueblos Vivos de Cuenca e VSF – Justicia Alimentaria Global celebran os éxitos dos movementos veciñais na loita contra a expansión da industria porcina. Esta mesma semana paralizouse a construción dunha explotación porcina en Villafáfila, Zamora, un éxito para a sociedade civil que, ao longo dos últimos meses, tamén logrou frear dúas explotacións en Gamonal, Toledo, e outras dúas en Yecla, Murcia.

No Estado Español hai aproximadamente 30 millóns de porcos, aínda que a súa produción se concentra en Aragón e Cataluña a industria do porcino busca a súa expansión noutros territorios. Con todo estase atopando coa forte oposición dos veciños afectados. A cidadanía organizada rexeita unha industria que deixa fortes impactos, contaminación de auga e chan, malos cheiros, e resulta incompatible con outros modelos de desenvolvemento respectuosos co medio ambiente e a saúde.

Branca Ruibal, responsable de Agricultura e Alimentación de Amigos de la Tierra afirmou que “a gandería industrial está entre os principais responsables do cambio climático. É intolerable que os nosos pobos se convertans na esterqueira de Europa e que se siga alentando unha burbulla que xera grandes beneficios para un puñado de empresas, á conta do medio ambiente, a nosa saúde e o medio de vida das persoas produtoras”.