Amigos da Terra, Amigas das árbores de Ourense e Amigos das árbores da Limia demandan ás administracións actuacións de urxencia para a restauración e recuperación das zonas incendiadas.

“Os solos e as súas variadas funcións pasan desapercibidas. Os solos non teñen voz e poucas veces falan por eles. Son o noso aliado silencioso na produción de alimentos e o sostemento da vida na Terra” (José Graziano da Silva, Director Xeral da FAO) 2015, Ano Internacional dos Solos.

Cando a severidade e frecuencia dos incendios é elevada, o lume conduce ao medio natural cara un proceso de degradación debido á perda da cuberta vexetal. Esta situación podería desembocar nun proceso de empobrecemento ou perda do potencial biolóxico do solo, proceso global definido como desertificación. Unha vez calcinada a terra nos solos prodúcense escorrementos que afectan directamente aos recursos produtivos, con especial afección os recursos hídricos, a flora, a fauna, as infraestruturas…

Os voluntarios e voluntarias, os veciños e veciñas podemos realizar accións de restauración recuperación dos ecosistemas calcinados, mais estes traballos son unha obriga das distintas Administracións públicas que incluso o recollen nas súas normativas legais, directivas, consellos…

Afectado un monte por un incendio forestal é preciso e de forma urxente levar adiante actuacións e realizar traballos que eviten a erosión, o estragamento dos solos, a perda de biodiversidade, a protección das infraestruturas… A máis longo prazo, tanto Goberno central como a Xunta de Galicia, teñen a obriga de aprobar plans especiais e aplicar medidas de restauración-recuperación dos montes afectados por incendios forestais, pondo en marcha planos de restauración hidrolóxico-forestais para recuperar cada un dos ecosistemas afectados.

É bo lembrar que os estudos científicos reflicten que as perdas medias de solo, dependendo da orografía e estado da vexetación, poden acadar ata 50 toneladas por hectárea e ano. No conxunto da Península Ibérica calculan que o 44% do territorio está afectado por algún tipo de perda de solo por erosión, máis de 9 millóns de hectáreas teñen efectos erosivos moi graves.

“As árbores non poden vivir sen terra, a Terra non pode vivir sen árbores” (José Saramago)

Apuntamentos históricos

  • No Estado español, o 3 de febreiro de 1888, establecese o “Plan sistemático de repoblación de cabeceras de cuencas hidrográficas”. Creándose no 1901 o “Servicio Hidrológico Forestal” con 10 divisións hidrolóxico forestais.
  • 1926, créanse as confederacións hidrográficas. Entre os anos corenta e os oitenta, leváronse a cabo en toda a Península Ibérica obras de restauración de concas hidrográficas.
  • “Ley de Aguas de 1985” e o regulamento elaborado para a “Planificación Hidrológico de 1988” establece a obrigatoriedade de que os planos hidrolóxicos de concas vaian acompañados dos correspondentes planos de restauración hidrolóxico forestal e a conservación dos solos.
  • A nivel internacional, no 1968 aprobouse a “Carta de Europa do Solo e da Auga”. Conferencia da ONU sobre a Auga (Mar da Prata, 1977). Conferencia sobre a Desertificación (Nairobi, 1977).

lexislación estatal de aplicación

  • Real Decreto 927/1988, de 29 de julio, por el que se aprueba el reglamento de la Administración Pública del agua y de la planificación hidrológica, en desarrollo de los títulos II y III de la Ley 29/1985, de 2 de agosto, de Aguas.

  • Real Decreto 117/1992, de 14 de febrero, por el que se actualiza la composición del Consejo Nacional del Agua.
  • Real Decreto 1541/1994 de 8 de julio, por el que se modifica el Anexo número 1 del reglamento de la Administración Pública del Agua y de la Planificación Hidrológica, aprobado por el Real Decreto 927/1988, de 29 de julio
  • Real Decreto Legislativo 1/2001 , de 20 de julio, por el que se aprueba el Texto Refundido de la Ley de Aguas.
  • Ley 10/2001 de 5 de julio del Plan Hidrológico Nacional
  • Ley 62/2003, de 30 de diciembre, de medidas fiscales, administrativas y del orden social que incluye, en su artículo 129 , la Modificación del texto refundido de la Ley de Aguas, aprobado por Real Decreto Legislativo 1/2001, de 20 de julio, por la que se incorpora al derecho español la Directiva 2000/60/CE, por la que se establece un marco comunitario de actuación en el ámbito de la política de aguas.
  • Ley 11/2005 de 22 de junio por la que se modifica la Ley 10/2001, de 5 de julio, del Plan Hidrológico Nacional
  • Ley 9/2006 , de 28 de abril, sobre evaluación de los efectos de determinados planes y programas en el medio ambiente.
  • Ley 27/2006 , de 18 de julio, por la que se regulan los derechos de acceso a la información, de participación pública y de acceso a la justicia en materia de medio ambiente.
  • Real Decreto 125/2007, de 2 de febrero por el que se fija el ámbito territorial de las demarcaciones hidrográficas, y su modificación por el Real Decreto 29/2011, de 14 de enero.
  • Real Decreto 126/2007, de 2 de febrero por el que se regulan la composición, funcionamiento y atribuciones del Comité de Autoridades Competentes de las demarcaciones hidrográficas con cuencas intercomunitarias, y su modificación por el Real Decreto 1626/2011, de 14 de noviembre.
  • Real Decreto 907/2007, de 6 de julio, por el que se aprueba el Reglamento de la Planificación Hidrológica.
  • Orden ARM/2656/2008, de 10 de septiembre, por la que se aprueba la Instrucción de Planificación Hidrológica, y su modificación por la Orden ARM/1195/2011, de 11 de mayo.
  • Real Decreto 1161/2010, de 17 de septiembre, por el que se modifica el Real Decreto 907/2007, de 6 de julio, por el que se aprueba el Reglamento de la Planificación Hidrológica.

Lexislación europea e tratados internacionais

  • Directiva 2000/60/CE del Parlamento Europeo y del Consejo de 23 de octubre de 2000 por la que se establece un marco comunitario de actuación en el ámbito de la política de las aguas, la Directiva Marco del Agua.

  • Directiva 2006/118/CE del Parlamento Europeo y del Consejo, de 12 de diciembre de 2006, relativa a la protección de las aguas subterráneas contra la contaminación y el deterioro.

  • Directiva 2007/60/CE del Parlamento Europeo y del Consejo, de 23 de octubre de 2007, relativa a la evaluación y gestión de los riesgos de inundación.

  • Convenio sobre Cooperación para la protección y el aprovechamiento sostenible de las aguas de las cuencas Hidrográficas Hispano-Portuguesas, hecho “ad-referemdum” En Albufeira el 30 de noviembre de 1998. CONVENIO. El 4 de abril de 2008 se aprueba un protocolo de revisión del Convenio. PROTOCOLO REVISIÓN. Enlace con la WEB CADC-Albufeira

  • ACUERDO administrativo entre España y Francia sobre gestion del agua,firmado en Toulouse el 15 de febrero de 2006. ACUERDO

san mamede, incendio

En Galicia a Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia así como a Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, dentro do seu amplo articulado, recolle medidas de restauración en xeral e accións de restauración hidrolóxico forestais.

Artigo 64 da Lei 7/2012. Medidas de restauración

A Administración forestal establecerá, en caso necesario, medidas de obrigado cumprimento encamiñadas a restaurar os montes afectados por incendios forestais, catástrofes naturais, vendavais, pragas, enfermidades ou outros eventos…As ditas actuacións de restauración terán consideración de interese xeral, e poderán declararse de utilidade pública cando concorran razóns de urxencia que así o xustifiquen…

Artigo 65 da Lei 7/2012. Restauración hidrolóxico-forestal

1. A restauración hidrolóxico-forestal terá como fins prioritarios a recuperación da funcionalidade dos ecosistemas forestais, a loita contra erosión, a xestión, conservación e mellora dos recursos hídricos, a estabilidade dos terreos e a protección de infraestruturas de interese xeral.

2. A Administración forestal poderá declarar zonas prioritarias de actuación en materia de control da erosión e da restauración hidrolóxico-forestal atendendo preferentemente aos montes protectores, así como os terreos forestais, que se atopen nalgún dos seguintes supostos:

a) Terreos afectados por incendios…

b) Terreos que xeren ou se atopen en risco de desprendementos…

c) Terreos que se atopen en risco de sufrir graves episodios de erosión…

d) Terreos procedentes de explotacións mineiras históricas…

e) Outros terreos afectados por fenómenos ou causas meteorolóxicas antrópicas, bióticas…

3. Os plans, proxectos, obras e traballos de corrección ou restauración hidrolóxico-forestal que sexan precisos para a recuperación das zonas prioritarias de actuación, calquera que sexa a titularidade dos terreos ou o uso a que se destinen, poderán ser declarados de utilidade pública…

san mamede cinzas

Tendo en consideración todo o anterior, estamos ante unha nova evidencia da falla do cumprimento da lexislación básica por parte das Administracións públicas. O desleixo, a falla de medidas urxentes, o incumprimento legal das obrigas ao non por en marcha plans de restauración das zonas afectadas polos incendios forestais por parte da Xunta de Galicia e do Goberno central. O esquecemento dos gobernantes fai que sexan as comunidades de montes e a cidadanía de forma voluntaria a que fai os traballos que intentan minimizar os efectos erosivos, a destrución dos solos, a contaminación das augas polas cinzas procedentes dos montes calcinados, a protección do noso patrimonio natural.

Urxe que a Xunta de Galicia e o Goberno central aproben medidas inmediatas e doten do orzamento necesario para realizar os traballos que protexan e restauren os ecosistemas afectados polos incendios forestais. A calidade de vida, o futuro económico, ecolóxico e social e o desenvolvemento sustentable do país depende destas actuacións de restauración e recuperación dos nosos montes.

“Só aquel que coñece as árbores sente o desexo de protexelas” (Peter Wohlleben)

Rebordechao (Serra do San Mamede) outono de 2017

Antela Penalonga