O día 5 de decembro, celebrase o Día Internacional do Voluntariado, unha xornada proclamada no ano 1985 pola ONU, para dar a coñecer mellor a importante contribución das persoas voluntarias nos diferentes ámbitos da sociedade.

Dende Amigos da Terra sumámosnos a celebración deste día mediante a participación na “Mostra de Entidades de Acción Voluntaria” organizada pola Oficina de Voluntariado do Concello de Ourense, que se celebra nos locais do Liceo de Ourense, onde estaremos cun stand informativo da nosa asociación, para expoñer as actividades de voluntariado.

Tamén queremos animar aos mozos/as galegos con inquedanzas e motivacións por realizar actividades de voluntariado, a que teñen a oportunidade de participar no programa doServizo Voluntario Europeo, e poder desenvolver un proxecto de voluntariado en diferentes países de toda Europa.

Por ultimo, queremos aproveitar para expresar a todas/os as/os voluntarias/os locais e europeos a labor xenerosa, o esforzo, o tempo e implicación que adican de forma solidaria e altruísta co obxectivo de mellorar a situación do noso medio ambiente e da sociedade en xeral.

Non podemos deixar pasar esta oportunidade para agradecer tanto esforzo, traballo, paciencia e entrega nos 20 anos que vimos desenvolvendo a nosa actividade en Galicia. GRAZAS, ¡grazas de corazón!. As victorias, os avances, as loitas … todo o que fixemos foi un traballo colectivo que é obra vosa. Seguimos loitando, xuntas, coa vosa forza e empurre.

Bo día para todas/os.

Foto de Anna M. Anfruns