O Goberno noruegués anunciou que non se extraerá petróleo nen gas das illas árticas de Lofoten durante o próximos catro anos. A protección desta área marca unha vitoria significativa para o movemento de Amigos da Terra Europa para liberarnos das enerxías sucias en Europa.

Durante máis de 20 anos, a industria das enerxías sucias estivo loitando polo control desta rexión para extraer gas e petróleo; con todo a resistencia das comunidades locais, os gobernos municipais, os pescadores e os grupos ecoloxistas, entre eles Amigos da Terra Noruega, logrou protexer o arquipélago de Lofoten.

No novo acordo de coalición asinado o domingo pola tarde entre os partidos noruegueses, conservador, progresista e liberal, anunciouse que non se perforará o tesouro natural da área de Lofoten. A decisión supuxo un gran triunfo para Amigos da Terra, que estivo loitando para protexer a área ao longo das dúas últimas décadas.

A sociedade civil norueguesa contra as enerxías sucias

Durante anos, a maioría da cidadanía norueguesa leva posicionándose na contra da extracción de petróleo nesta zona, amosando o seu compromiso na loita fronte ao cambio climático. Unha vez máis o Goberno noruegués asumiu a súa responsabilidade internacional de protexer e preservar este ecosistema único e fráxil.

A industria do petróleo non o tivo nada fácil, e atopouse cunha gran oposición desde o principio. Amigos da Terra Noruega enfrontouse, en seis ocasiones desde 2001, ás grandes petroleiras, batallas que gañaron unha e outra vez. Aínda así, a industria non se deu por vencida e seguiu presionando para perforar o arquipélago ártico. Tras esta vitoria, os activistas cren que non verán unha plataforma petroleira operando ao redor do arquipélago de Lofoten. Polo menos non será así por catro anos.

A loita continúa noutros campos de batalla, co fin de acabar coa extracción de combustibles fósiles ao longo da costa norueguesa. Desde os colectivos cidadáns consideran que a conciencia pública sobre os impactos do petróleo e o gas está a crecer, polo que é o momento de seguir facendo fronte á industria e lograr deixar o petróleo baixo o chan.

O arquipélago conta cunha gran riqueza natural, desde a colonia de aves mariñas máis importante da Europa continental ata arrecifes únicos de auga fría ou o caladoiro de bacallau máis grande do mundo. Debido á súa biodiversidade excepcional e a fraxilidade dos seus ecosistemas, a extracción de petróleo ao redor das Illas Lofoten en Noruega podería ter un impacto devastador.

victoria ecoloxista en Noruega

A zona foi obxectivo das grandes petroleiras durante décadas xa que se estima que contén ao redor de 1.300 millóns de barrís de petróleo. Coa súa queima emitiríanse máis de 500 millóns de toneladas de CO2, o que multiplicaría por 10 as emisións anuais de gases de efecto invernadoiro xeradas por Noruega.

Un éxito da nosa campaña contra as enerxías sucias en Europa

Este logro en Lofoten é unha vitoria colectiva de todo o movemento europeo Fossil Free de Amigos da Terra. Trátase dunha mostra máis de como está a cambiar a percepción da xente respecto das enerxías sucias e a intención de evitar os impactos máis graves do cambio climático, deixando todos os combustibles fósiles baixo terra.