Vivimos nun mundo que enfronta moitas crises destrutivas entrelazadas, tales como a crecente desigualdade, o cambio climático, a pobreza, a contaminación e as violacións de dereitos humanos. O noso sistema económico errado actual perpetúa e exacerba estas crises.

Nos últimos trinta anos, o fundamentalismo neoliberal foi a ideoloxía económica mundial dominante. Ten como fin reducir o papel do Estado a través da privatización, a desregulación (reducindo as normas), a liberalización (eliminando as restricións comerciais) e restrinxindo as políticas tributarias. Esta ideoloxía empresarial fracasou e levounos a unha destrución ambiental sen precedentes e a un aumento exponencial das desigualdades ao limitar a liberdade dos gobernos que pretenden impulsar metas sociais e ambientais.

Pero existen miles de solucións prácticas para un mundo máis xusto e sustentable; solucións que pon á xente e ao planeta no centro.

Nun novo informe, Amigos da Terra Internacional analiza cinco destas solucións de xustiza económica para pór fin á era do neoliberalismo e redeseñar a nosa economía a nivel mundial en pos de sociedades sustentables:

  • Proporcionar servizos públicos para todos e todas a través da xustiza tributaria
  • Ampliar a escala das economías sustentadas na solidariedade e o cooperativismo
  • Apoiar os mercados locais e o comercio xusto

  • Valorar e medir o benestar da xente e o planeta
  • Garantir normas vinculantes para desmantelar o poder das grandes empresas

O noso desafío é ampliar a escala do impacto destas solucións co fin de lograr o cambio de sistema.

Como transformar a nosa economía aplicación das solucións nunha escala máis ampla (pdf)