Unha recente enquisa mostra que a maioría dos españois está en contra da fusión de Bayer e Monsanto. O 69% da cidadanía considera que é “importante” ou “moi importante” que a Comisión Europea bloquee a fusión destes dous xigantes do negocio dos agroquímicos e as sementes; catro veces máis que o número de persoas que consideran que a fusión non ten importancia.

Unha enquisa realizada a cidadáns europeos mostra a oposición a esta relación tóxica

A enquisa, realizada en Alemaña, Francia, España, Dinamarca e Reino Unido, mostra que para o 47% da cidadanía enquisada a fusión é “preocupante” ou “moi preocupante” e só un 11% da poboación pensa que a fusión ofrece boas perspectivas.

Unha das inquietudes das persoas enquisadas é que a fusión afecte negativamente ao medio ambiente, que aumente a cantidade de sustancias químicas usadas en agricultura e que coarte aínda máis a capacidade dos agricultores de decidir sobre os seus cultivos.

A Comisión Europea ten que decidir acerca da fusión antes do 5 de abril.

Segundo Branca Ruibal, responsable de Agricultura e Alimentación de Amigos da Terra, “estas empresas representan un modelo de agricultura tóxico para a saúde das persoas e o planeta. É urxente que a produción de alimentos deixe de ser o negocio dunhas poucas empresas. Por este motivo desde Amigos da Terra esiximos á Comisaria Margrethe Vestager que impida esta fusión”.

A enquisa é a proba máis recente do rexeitamento cidadán xeneralizado á fusión. Preto dun millón de persoas na UE asinaron peticións para que a Comisión Europea bloquéea, e máis de 200 organizacións da sociedade civil han apoiado esta reivindicación .

A onda de fusións entre as maiores empresas de agroquímicos e sementes está a dar lugar a unha concentración sen precedentes no sector. En 2017 a Comisión Europea apontoou esta tendencia dando o visto e prace á fusión de Dow e Dupont e ChemChina e Syngenta. De aprorbase, Bayer-Monsanto será a maior empresa de insumos agrícolas de todo o mundo.

Datos do estudo

Das 1.010 respostas de España:

  • 69% pensan que é “bastante” ou “moi importante” que a Comisión Europea bloquee a fusión de Bayer e Monsanto; un 16% opinou que é “pouco” ou “nada importante”, un 15 % “non sabe/non contesta”.

Do total das 7.318 respostas de Alemaña, Dinamarca, Francia, España e Reino Unido:

  • 47% contestaron que a fusión Bayer/Monsanto preocúpalles “seriamente” ou “moi seriamente”; 11% contestaron que a fusión presenta “algún” ou “moito” potencial; 22% responderon non sabe / non contesta.
  • En canto aos impactos a xente pensa que a fusión terá impactos negativos  entre 2 e 5 veces máis que as valoracións de impactos positivos nos seguintes aspectos:
    – na capacidade de elección dos agricultores (50% fronte a 9%)
    – no medio ambiente (49% fronte a 9%)
    – na elección de alimentos nas tendas (38% fronte a 13%)
    – na calidade da comida dispoñible nas tendas (41% fronte a 12%)
    – na cantidade de pesticidas usados na agricultura (50% fronte a 10%)

Si non se especifica outra fonte todos os datos proceden de YouGov Deutschland GmbH. 7.318 persoas participaron na enquisa, que tivo lugar entre 9 e o 13 de febreiro de 2018. Os resultados ponderáronse e son representativos da poboación de Reino Unido, Alemaña, Francia, Dinamarca e España (>18 anos).

Documentos

Actúa!