Hoxe é o día forestal mundial, ou día da árbore, e queremos aproveitar para ser críticos de como esta cidade de Ourense trata ás súas árbores chequeando o cumprimento da Carta de Barcelona, un documento que fai referencia aos dereitos do arborado urbano e aquí temos o resultado:

Compromiso de situar a Árbore no seu papel básico, coma un dos primeiros Recursos Patrimoniais da cidade. NON

Compromiso de desenvolver e promover, informacións, inventarios, técnicas de xestión, prácticas, procedementos, produtos, servizos e estándares, que posibiliten a implantación da Árbore na Cidade, en condicións de Calidade e Dignidade. NON

Compromiso a difundir, informar e formar ao público sobre a importancia esencial da Árbore na Vida da Cidade. SI

Compromiso de establecer políticas, regulamentacións, normativas e prácticas na Administración e Goberno da Cidade que garantan as condicións óptimas para a vida da Árbore. NON

Compromiso a reformular todos os elementos que conforman actualmente o espazo urbano desde a óptica dos requirimentos e as súas potencialidades do Sistema de Arboredo Urbano. NON

Compromiso a que todas as consideracións anteriores de respecto á árbore incorporaranse nas normas municipais. NON

Dende as entidades ambientalistas Amigos da Terra e Amigas das árbores de Ourense, dámoslle unicamente un moi xeneroso aprobado raspado no punto de difusión polas accións de educación ambiental, aínda que quedaría moito por facer neste eido. No resto de criterios necesita moito que mellorar.