A dez quilómetros da cidade de Somoto, atópase a comunidade de Los Canales do municipio de San Lucas. Alí, nunha casa sinxela de madeira, e cun terreo amplo, reuníronse baixo unha árbore de mango 18 produtores e produtoras dos municipios de Las Sabanas, San Lucas, Somoto e Totogalpa, para formación en sistemas de irrigación e almacenamento de auga. Coa escaseza de auga na zona, moitas persoas son forzadas a colleitar e transportar auga a cabalo ou no ombreiro, dalgunha laguna ou río situado a varios quilómetros de casa.

Co financiamento da Xunta de Galicia, o Instituto de Promoción Humana – Somoto (INPRHU-Somoto) e Amigos da Terra apoian a 43 familias para cultivar e garantir a súa alimentación a través de hortas biointensivas, establecidas en comunidades do corredor seco de Las Segovias.

INPRHU – Somoto entregou a todas as familias un sistema de rego por goteo para contrarrestar a escaseza de auga causada polo cambio climático, mesmo no inverno. Despois do proceso de formativo, 18 fogares máis poderán utilizar este sistema.

Ademais, púxose a disposición de todas as familias, unha táboa que describe as fases de crecemento dos cultivos (inicio, medio e fin) e as cantidades de auga para cada tipo de cultivo, Estes datos foron proporcionados polos estudos de recolección de auga e irrigación realizados por Amigos de la Tierra no Departamento de Madriz.

Outras tecnoloxías para optimizar a auga

Néstor Lopez, un dos facilitadores do encontro, ensina aos produtores/as a facer cálculos de canta auga debe entrar nos sistemas de rego das hortas, cánta cantidade debe ser consumida por día segundo a etapa na que se atope o cultivo e, o máis importante, como aforrar auga.

E que para garantir a alimentación da familia non só é necesario ter un sistema de rego, senon que é necesario utilizar outras tecnoloxías e prácticas, como os sementeiros, abonos orgánicos e “mulch” ou acolchamento sobre a terra para optimizar o uso da auga.

“Usando sementeiros posemos aforrar un 90% de auga nos primeiros 15 días (ata un mes), co abono orgánico pódense aforrar uns 12 litros por cada 60 litros de auga utilizados regularmente; e cunha cobertura do 70% de superficie, ata un 20% de auga”, explicou López.

“Nesta zona non hai moita auga, e a pouca que hai úsase para producir alimentos e para autoconsumo. Por veces, as familias deben dividir a pouca auga que teñen, para beber e para regar unha pequena horta. Cun rego eficiente poden facer ambas cousas”, dixo Juan Carlos Espinoza, técnico de INPRHU – Somoto.

Un dos momentos clave da reunión foi a instalación dun sistema de rego e recolección de auga para que os produtores puidesen aprender e ensinar aos demais nas súas comunidades. O sistema está integrado por un tanque que almacena uns 159 litros, tubo central, filtro e mangueiras con pequenos tubos que se instalan nos bancais.

Heyling Blandon, mentres instala as mangueiras na terra, di que no taller viron que coa regadeira manual desperdician máis auga que con este sistema de rego. “Co goteo cae máis lentamente, se filtra mellor é usamos menos auga. Agora, usaremos menos auga para cada bancal e adaptando a cantidade á fase na que se atopa o cultivo”