Cada ano, nos meses de xullo e agosto, os colectivos sociais e culturais da cidade agrupados en torno a EsCuA, o Espazo Cultural Alternativo, enchen de programación cultural e activista o verán ourensán.

As prazas e rúas da zona histórica e outros espazos singulares reviven co cinema, as performance, os concertos e as demais actividades que confirman o veránEarte.

35 actividades e 21 colectivos están implicados nesta edición.

A Galleira, Prazas con Ciencia, Radio Liverdade, a Masa Crítica, o Cineclube Padre Feijoo, O Espertello, Óscar Allos, o Colectivo Re-Creo, Amigas das Árbores de Ourense, a Marcha Mundial das Mulleres, Sustinea, Semente, Algaravía, Amigas da Terra, Guerrila Poética, Fora do Linde, Asociación Cultural Lusquiños, Café Cultural El Pueblo, A Bela Auria e As Damnificadas son os colectivos que sustentan a programación.

O deseño do cartaz desta edición corre a cargo da ilustradora ourensá Laura Pato.

A programación do veránEarte é aberta e participativa. Autoorganizada e autoxestionada. De balde, en galego e feminista e do ecoloxista. Os colectivos que toman parte nela queren reivindicar o uso activista, social e cultural do espazo público sen por elo ter que pagar taxas de ocupación.

Dende Amigos da Terra organizamos un obradoiro de cosmética natural e un roteiro de herbas menciñeiras.

Segue cada día toda a info do #VeA18 no facebook e no twitter de EsCuA.

XULLO

Obradoiro de  Cosmética Natural.
mart3/20h/praza da Estrela
Organiza: Amigas da Terra
 
Radio na rúa
xoves5/19h/escaleiras do Arqueolóxico
Organiza: Radio Liverdade
 
Cantos na rúa! 
luns9/20h/rúa Vilar -> praza Pena Vixía.
Organiza: As Damnificadas
 
Concerto na praza: Pauliña
mart10/21.30h/praza San Marcial
Organiza: O Espertello
 
Contacontos ambiental
mérc11/20h/CC El Pueblo
Organiza: Sustinea
 
Paseo das letras
xove12/20h/roteiro zona histórica
Organiza: Guerrila Poética
 
Festa da Patria
venr13/21.30/praza San Cosme
Organiza: A Galleira
 
Performance: Olímpalas
luns16/20.30h/rúa Bailén
 
Concerto na praza: The Jankees
mart17/21.30h/praza San Marcial
Organiza: O Espertello
 
Cinema Infantil
mérc18/12h/p Biblioteca Pública
 
Música nos teus cacharros
mérc18/19.30h/CC El Pueblo – praza Pena Vixía
Organiza: A.C. Óscar Allos
 
Lusco e fusco na fraga
xove19/20.30h/Fraga de Santa Comba de Naves
Organiza: Amigas das Árbores de Ourense
 
III Ventebañar.
luns23/17h/Aula da Natureza Oira
Organiza: Algaravía
 
Captura a rúa. Iniciación á fotografía de rua
luns23/20h/CC El Pueblo
Organiza: A.C. Óscar Allos
Cinema Infantil
mérc25/12h/Biblioteca Pública
 
E/M/E/R/X/E – músicas emerxentes de Ourense
xove26/20h/escaleiras do Arqueolóxico
Organiza: Asociación Cultural Lusquiños
 
Bicicletada
xove26/20h/Subdelegación
Masa Crítica Ourense
 
Clásico Musicado: Nosferatu + Merc. Solidario
venr27/22h/praza Pena Vixía
Organiza: A Bela Auria
Detectives na rúa
mart31/19h/praza San Marcial
 
Concerto na praza: Son da Rúa
mart31/21.30h/praza San Marcial
Organiza: O Espertello
 

AGOSTO

Cinema no barrio: As Viaxes de Sullivan
mérc1/21.30h/auditorio de Penouzos Seixalbo
 
 
Concerto na praza: Balkumbia
mart7/21.30h/praza San Marcial
Organiza: O Espertello
    
Cinema no museo: O Rei Chosco
mérc8/21.30h/xardín do Arqueolóxico 
    
Estes si son tomates! 
mérc15/19.30h/praza San Cosme
Organiza: Fóra do Linde
 
Trivial Feminista
luns20/21:30h/praza Pena Vixía 
 
Concerto na praza: Abuela Te Quiero
mart21/21.30h/praza San Marcial
Organiza: O Espertello
 
Cinema no museo: Curtas FICBUEU
mérc22/21.30h/xardín do Arqueolóxico 
 
Roteiro de Herbas Menciñeiras
xove23/20:00h/Horta da Terra O Polvorín
Organiza: Amigas da Terra
    
Jam Música Urbana + Merc. Solidario
venr24/21h/praza Pena Vixía
Organiza: A.C. Óscar Allos
    
Gincana Emocional
luns27/18h/Campo da Chave da Alameda
 
biciEsperta o 6º sentido
mart28/19.30h/Ponte Vella – Avda. das Caldas
 
Concerto na praza: Kings of the Beach
mart28/21.30h/praza San Marcial
Organiza: O Espertello
    
Ciencia na Rúa
mérc29/20h/praza da Imprenta
Organiza: Prazas con Ciencia
 
Bicicletada
xove30/19h/Subdelegación
 
FIB IX
xove30/20h/praza San Marcial

Organiza: A.C. Óscar Allos
veranearte programa 2018