Amigos da Terra participa no programa Galeuropa cofinanciado polo Fondo Social Europeo e Iniciativa de Emprego Xuvenil.

>> Que é?
Un programa de mobilidade xuvenil para incrementar as súas posibilidades de inserción laboral, adquirir competencias en idiomas estranxeiros e fomentar a autonomía persoal. É dicir, son axudas para a realización de prácticas formativas non retribuídas en empresas, entidades públicas ou privadas de países europeos.

>> Quen pode participar?
– Mozos e mozas menores de 30 anos que non teñan participado no programa en anos anteriores.
– É necesario incribirse no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil (SNGX) no ámbito da Comunicade Autónoma de Galicia.

>> Onde?
– Inglaterra (Eastbourne)
– Italia (Brecia)
– Portugal (Lisboa)

Amigos da Terra daralle prioridade aos proxectos ambientais e a selección de empresas farase atendendo a criterios de sustentabilidade ambiental e social.

>> Cánto tempo?

Dende 1 de Setembro e rematando como máximo o 30 de novembro

>> Que custos cubre esta axuda?
– Viaxe
– Aloxamento
– Manutención
– Formación lingüística
– Transporte local no país de destino

Para incribirte coa nosa entidade podes cubrir o seguinte formulario >>>

As prazas son limitadas!!!!

Máis información  en:

Email: info@amigosdaterra.net  galeuropa@amigosdaterra.net

Teléfono: 988 374 318