Máis de 20 rapaces e rapazas do grupo Scouts AEIG Maspons i Anglasell  procedentes de Cataluña estarán nos montes de Tourón (Melón) dende o 25 de xullo ata o 1 de agosto  para participar en distintas actuacións nunha das zonas máis afectadas polos lumes do mes de outubro do ano pasado. Amigos da Terra con estas accións, ademais de contribuír a paliar os efectos dos lumes forestais, busca promover unha sensibilización e mobilización social que faciliten os profundos cambios na política forestal, imprescindibles para reverter o problema incendiario.

 

Amigos da Terra en colaboración co grupo local Vergasta e a CMVMC de O Tourón continua coas accións de rexeneración das zonas afectadas polos incendios forestais no monte comunal de Tourón (Melón) que están levando a cabo dende o outono do ano pasado. Durante as semanas pasadas estiveron convivindo no mesmo monte dous grupos Scouts, AEIG Rudyard Kipling e AEIG Itaca, procedentes de Barcelona con máis de 40 rapaces e rapazas entre 14 e 17 anos. Agora acaban de incorporarse un novo grupo de Scouts AEIG Maspons i Anglasell  procedentes de Cataluña que estarán nos montes de Tourón (Melón) dende o 25 de xullo ata o 1 de agosto.

Os traballos que se van a levarán a cabo nesta ultima semana de xullo serán a eliminación de vexetación que compita cas árbores frondosas autóctonas plantadas nos anteriores meses, preparación para a rega das mesmas en época de seca, erradicación de plantas invasoras como mimosas ou eucaliptos, eliminación de material vexetal queimado, elaboración de bombas de sementes de gramíneas para contribuír a rexenerar os solos nus, entre outras.

Con estas actuacións, ademais da recuperación de zonas forestais arrasadas polos lumes, búscase a sensibilización e mobilización social que impulse os cambios nas políticas forestais necesarios para evitar que no futuro o risco e o alcance dos incendios forestais segan sendo un problema perpetuo no noso país.