Hai unhas semanas decidimos inscribinos na celebración do Climathon, abanderado este ano pola Xunta de Galicia, un evento internacional que busca  abordar os desafíos climáticos con solucions novedosas e pioneiras porque considerábamolo unha oportunidade de aprendizaxe, de intercambio de información e de construcción de redes na loita fronte ó cambio climático, na que estabamos dispostas a implicarnos.

A nosa sorpresa foi ver o progama plantexado e enviado un día antes, no que as propostas que se amosan pasan polo uso de falsas soolucións para mitigar os efectos do cambio climático mantendo o modelo de vida depredador actual ou ver a convidada para falar contaminación por plásticos nos océanos é Coca-cola , cando vimos de demostrar nun dos nosos últimos informes coa plataforma internacional BreakfreefromPlastic, que é unha das principais responsables da contaminación por plásticos nos océanos. 

Por estes motivos a nosa decisión é a de non participar e non lexitimar este foro.

Ofrecemos a nosa participación e a nosa vontade de colaboración para espazos de debate horizontais que permitan falar intercambiar ideas da loita fronte ao cambio climático baseada na eliminación de combustibles fósiles, as enerxías renovables ou un modelo agroindustrial responsable. Ou da contaminación por plásticos nos océanos cuestionando o modelo de produción e consumo e buscando alternativas baseadas nunha economía circular real.