A incineración é unha estafa, supón unha grave ameaza para a saude pública,  contribúe ao  cambio climático e destrue emprego”, declaramos máis de cincuenta plataformas asinantes do manifesto que vimos de asinar “Declaración de Ponferrada contra a incineración e polo Residuo Cero”.

A declaración de Ponferrada é o resultado da oitava reunión da Coordinadora Estatal das plataformas contra a incineración de residuos, realizada recentemente na cidade de Ponferrada por unha vintena de grupos, aos que xa se engadiron e continúan a se engadir plataformas, xuntando máis de 50 entidades ecoloxistas e veciñais de todo o estado que “trasladamos as nosas ideas e demandas ao Ministerio de Transición Ecolóxica, ás outras administracións interesadas, á Fiscalíal especial de Medio Ambiente e a toda a sociedade”.

 Denunciamos as prácticas de incineración e coincineración de residuos e combustibles derivados de residuos, así como da biomasa, que prexudican a saúde, o medio ambiente e agravan o cambio climático.
Pedimos terminar co consumo sen límites e cun modelo de usar, tirar, queimar e/ou verter.
Instamos as autoridades a apostar polo Residuo Cero como única estratexia de xestión de recursos nun planeta con recursos limitados, poñendo a prevención de residuos, a reutilización e a reciclaxe no centro do desenvolvemento sustentable.
Esiximos a prohibición de produtos que non sexan facilmente
reparables, reutilizables e/ou reciclables, e aqueloutros que conteñan substancias tóxicas, para que sexan substituídos e redeseñados a través do uso da intelixencia colectiva na nosa sociedade.
Chamamos  á cidadanía a mobilizarse en contra de todos os proxectos que atenten contra a nosa saúde e a castigar co seu voto aos partidos que apoien ou consintan a incineración.
Ademáis, estaremos  vixiantes ante a redacción da anunciada Lei de cambio climático, en concreto no apartado relativo á transición enerxética para, no caso de que se inclúan prácticas que, baixo o pretexto de combater o cambio climático, comporten riscos para a saúde, demandar ao Reino de España ante a Unión Europea por vulnerar, entre outros, o artigo 191 a) e b) do Tratado que establece que a política da UE debe contribuír a través das súas políticas ambientais a alcanzar os seguintes obxectivos: a) Conservación, protección e mellora do Medio Ambiente. b) Protección da saúde das persoas.

 

Ler a Declaración de Ponferrada

 

Asinan a declaración plataformas de Alsasua, Benahadux e Carboneras (Almería), Montcada i Reixac, Madrid, Sant Feliu de Llobregat, Barcelona, Bierzo, Asturias, Galicia, Bizkaia, Gipuzkoa, Sta. Margarida i Els Monjos, Buñol, La Garriga, o Alcores (Sevilla), Cordoba, Niebla (Huelva), Morata de Tajuña e Mora (Toledo), Campo de Xibraltar e Baía de Alxeciras, entre outros, así como grupos Alternativamente Verde AsturiasEQUO, Amigos da Terra, ADEGA, Ecologistas en Acción, Gaia, La Olla del Bierzo, Plataforma para a Defensa da Cordilleira Cantábrica, Rede Decrecemento e Tyto Alba.