As entidades participantes na alianza, cunha longa traxectoria no ámbito dos residuos, coincidimos na necesidade dun cambio no modelo de produción e distribución de produtos, para reducir así a cantidade de residuos xerados, en combinación con modelos de recollida e xestión de residuos máis eficientes, que prioricen a preparación para a reutilización e a reciclaxe. A cantidade de residuos vertidos debe minimizarse, e a incineración (aínda con valorización enerxética) non é unha opción asumible baixo ningún concepto.

A aprobación do Paquete de Economía Circular na Unión Europea, coas modificacións das directivas, así como o desenvolvemento da nova directiva de plástico dun só uso, dan sinais claros aos municipios e rexións do noso país para apostar por un modelo eficaz baseado no residuo cero. De feito, o Estado español debe tomar medidas de forma inmediata; lonxe de cumprir coas taxas de reciclaxe marcadas por Europa, un 50% en 2020, tan só chega a un 30%.

Coa posta en marcha de medidas que se demostraron eficaces, como a recollida selectiva da fracción orgánica para a súa compostaxe, a recollida de residuos porta a porta ou o pago por xeración, poderíanse mellorar de maneira significativa as cifras anteriores.

As bases da Alianza Residuo Cero

Con motivo da Semana Europea de Redución de Residuos, Amigos da Terra xunto con Greenpeace, Ecoloxistas en Acción, Surfrider España, Rezero e Retorna lanzamos a Alianza Residuo Cero. 

A Alianza Residuo Cero está a desenvolver unha serie de propostas para os partidos políticos rexionais e municipais, así como a nivel europeo, que se farán públicas nas próximas semanas. Si os responsables políticos teñen entre os seus obxectivos o cumprimento das lexislacións europeas, a aposta pola economía circular e un compromiso coa sustentabilidade, deberán incluír estas medidas na próxima lexislatura.

Zero Waste Europe

A Alianza Residuo Cero forma parte de Zero Waste Europe, plataforma formada por 30 organizacións de 24 países europeos. Segundo esta plataforma, enténdese por “Residuo Cero” o modelo de xestión de residuos que trata de emular os ciclos da natureza nos que todos os materiais descartados para un proceso son necesarios para outro uso, de maneira pragmática e a longo prazo. Residuo Cero significa deseñar e xestionar os produtos e os procesos de maneira que se reduza o volume e a toxicidade dos residuos xerados, consérvese e recupérense todos os recursos e non se queimen nin enterren. A implementación de modelos Residuo Cero eliminaría todas as emisións ao aire, auga e chan que ameazan na actualidade á saúde humana, animal, vexetal e planetaria.