Durante a clausura do Congreso Nacional de Voluntariado, a nosa asociación Amigos da Terra recibiu unha mención honorífica como entidade de acción voluntaria pola nosa traxectoria no ámbito medio ambiental, como recoñecemento a noso traballo, o que constitúe una grande honra para todas as persoas que a integramos.

Dende Amigos da Terra queremos compartilo con todas aquelas persoas que ao longo destes anos, co seu traballo voluntario e seu apoio, fan posible desenvolver a nosas actividades de protección e conservación do noso patrimonio ambiental.

 

Grazas a todas!