Si queremos evitar as peores consecuencias do cambio climático, España debe asumir compromisos de redución de emisións máis ambiciosos, pola contra superaremos o aumento de 2 graos de temperatura. É indispensable manternos por baixo do 1,5°. Por este motivo as principais organizacións ecoloxistas esiximos ao Goberno incluír as seguintes medidas no Plan Nacionalde Enerxía e Clima.

 De acordo ás organizacións ecoloxistas, para avanzar na transición enerxética España debe tomar unha serie de medidas, que inclúen:

• Reducir as emisións un 7% anualmente.
• Pechar as centrais térmicas de carbón e as nucleares antes de 2025.
• Automóbiles eléctricos a partir de 2028.
• Alcanzar un 100% de enerxías renovables para cubrir a demanda total de enerxía en 2040.
• Lograr emisións cero en 2040.

Ademais destes obxectivos xerais, desde Amigos da Terra, Ecoloxistas enAcción, Greenpeace, SEO/BirdLife e WWF, propomos unha serie de medidas e políticas co obxectivo de reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro (GEI) en consonancia con limitar o incremento da temperatura global por baixo de 1,5ºC. Sobre todo centrámonos nos sectores de enerxía e transporte e en cuestións transversais, ademais de identificar a necesidade de reducir emisións noutros sectores, como a agricultura, a xestión forestal, os residuos, a industria e a edificación.

Temos que asumir que necesitamos un cambio sen precedentes en todos os aspectos sociais culturais e económicos, o que suporá no curto, medio e longo prazo unha serie de transformacións imprescindibles para defender á cidadanía,os seus medios de vida e o planeta.