Estamos ante unha emerxencia planetaria. Nos últimos 50 anos a cantidade de fenómenos meteorolóxicos extremos cuadriplicouse. Moitas comunidades xa están a sufrir os impactos docambio climático. Debemos actuar para manter a temperaturapor baixo de 1,5 graos.

Tanto España como Europa contribuíron ao quecemento global. Xa abonda de inacción política! É necesario que os nosos políticos estean á altura da gravidade do problema.

Hai que actuar para manter a temperatura por baixo de1,5 graos.debemos avanzar cara a un modelo enerxético libre de combustibles fósiles para 2030. Só conseguirémolo si cumprimos 10 pasos. Necesitamos un futuro libre de enerxías sucias. O movemento cara a un mundo libre de combustibles fósiles é imparable.

Descobre os 10 pasos necesarios para lograr un futuro libre de combustibles fósiles.

Paso1: Pór fin ao financiamento dos combustibles fósiles

O respaldo público cara aos combustibles fósiles preséntase en forma de subvencións e préstamos públicos, prezos regulados e beneficios fiscais. Pero os gobernos tamén apoian os combustibles fósiles doutras maneiras: apoian proxectos específicos de exploración e extracción; organizan visitas oficiais a determinados países para asegurarse as materias primas que necesitan, e desenvolven acordos de comercio e investimento. Ler máis

Paso 2: Prohibir as técnicas de lobby e lavado verde das empresas contaminantes

A industria dos combustibles fósiles é o sector máis lucrativo de todos os tempos, e traballa día e noite para protexer os seus intereses. Estas empresas gastan millóns de euros para exercer a súa influencia sobre os nosos políticos e para limpar a súa imaxe, cun lavado verde (greenwashing). Si queremos desatar unha verdadeira transformación enerxética, temos que cambialo. Ler máis

Paso 3: Rexeitar falsas “solucións”

 A industria fósil, para frear a transición enerxética e manternos enganchados aos combustibles fósiles, está a promover unha serie de falsas “solucións” totalmente ineficaces.Ler máis

Paso 4: Desmontar o mercado de carbono e sistemas de compensación de emisións

 Foi a primeira solución que propuxeron políticos e sectorprivado, un auténtico fracaso que queda lonxe de ser a resposta máxica que necesitamos para abordar o cambio climático. Ler máis

Proximamente iremos publicando o resto de pasos.