Tras once horas de negociación, esta madrugada o Trílogo europeo deixou pechada a nova directiva de Deseño de Mercado Eléctrico que regulará a futura Unión da Enerxía. Desde Amigos da Terra considerámolo un avance xa que reflicte sobre papel o fin dos subsidios ao carbón, aínda que seguiremos reclamando que se facilite unha transición xusta 100% renovable para todos os Estados membro.

“No caso de España, onde hai un exceso de capacidade instalada, moi raramente é necesario operar ditas plantas, polo que estes pagos convértense en axudas ilegais que benefician ao sector privado”, comentou Héctor de Prado, responsable de Clima e Enerxía de Amigos da Terra.

A pesar de que o Consello Europeo quería manter estes pagos na nova directiva máis aló de 2035, complicando así aínda máis o compromiso europeo de redución de emisións e o Acordo de París, ao final impúxose asensatez e fixouse o 2025 como o ano final para estes subsidios.

“No contexto actual, o carbón é cada vez menos competitivo, e cada vez máis persoas traballamos pola transición enerxética cara a un modelo limpo, polo que lanzar sinais claros á industria desde a regulación, é un paso positivo”, comentou o portavoz, aínda que lamentou que “a pesar de todo, síganse facendo excepcións como no caso de Polonia, que depende en gran medida do carbón, pero cuxo custo na saúde das persoas e o medioambiente será maior no curto e longo prazo”.

A pesar disto, hai diversas condicións que abren perigosos baleiros legais que desde a Sociedade civil terán que monitorar e denunciar ante os organismos competentes. Un exemplo é a non aplicación do límite de 500 gCO2/ khw para os pagos por capacidade outorgados despois do inicio da revisión do regulamento e antes de que entre en vigor esta lexislación en 2020.

En España, recentemente máis de 30 colectivos de todo o Estado español baixo o nome “Un Futuro Sen Carbón” levaron a cabo diversas accións para forzar o peche das plantas operativas e o cesamento do investimento para adaptalas ao novo escenario regulatorio. Tanto o Goberno como as empresas teñen agora a oportunidade de dar carpetazo ao carbón e facilitar a transición enerxética cara a un modelo máis limpo, eficiente e en mans da cidadanía.

Foto: Acción da plataforma “UnFuturo Sen Carbón”