Desde Alianza polo Clima apoiamos a mobilización de estudantes españois do 15 de marzo, que implica unha folga estudantil. As 400 organizacións que conformamos a Alianza queremos expresar desta maneira o agradecemento á mocidade que secundou a chamada internacional a mobilizarse contra o cambio climático. Así, lémbrase que a evidencia científica sinala ao cambio climático como a principal ameaza para o planeta terra e os nosos medios de vida, e que dispomos dun prazo tan limitado para frealo que todas as accións contan. Para Alianza polo Clima é inspirador ver conformarse un movemento global cunha capacidade extraordinariamente rápida para visibilizar demandas para o seu futuro.

Por tanto, desde as organizacións da sociedade civil alentamos a chamada de Fridays for Future pomos á vosa disposición a nosa estrutura asociativa para calquera necesidade e chamamos desde os propios medios de Alianza polo Clima a sumarse a título individual ao calendario de accións que a mocidade contra o cambio climático está a realizar en todo o planeta.

Alianza polo Clima está formada por máis de 400 organizacións do noso país que representan ao movemento ecoloxista, sindical, de cooperación ao desenvolvemento, ciencia e investigación e consumidores: https://alianza-clima.blogspot.com/