Amigos da Terra presenta un catálogo dixital de alimentación que agrupa diferentes alternativas para que a cidadanía galega poida exercer un consumo alimentario consciente e respectuoso co medio e, ao mesmo tempo, poñer en valor e visibilizar o labor de moitos labregos e labregas a prol doutro modelo productivo.

Neste Directorio de Alimentación Ecolóxica Galega, recóllense iniciativas de produción e comercialización de alimentos ecolóxicos e locais como hortalizas e verduras, froitas, carnes e outros produtos derivados como marmeladas conservas, lácteos ou ovos.

Clasificados por provincias e por categorías, atoparedes diferentes alternativas para exercer un consumo de proximidade. Comprando directamente a persoas produtoras, en pequenos comercios especializados ou participando en grupos de consumo auto-organizados, poderás mercar alimentos producidos de xeito respectuoso co medio ambiente e preto do teu fogar.

Ademais, incorporamos un calendario de froitas e verduras de tempada elaborado por labregos ecolóxicos (da zona costeira do sur de Galicia). Con el aprenderedes cal é a tempada de moitos dos alimentos frescos que consumismo día a día.

Sabemos que de seguro hai máis persoas e proxectos que poderían incluirse no catálogo, e por iso estaremos atentas para recoller novas iniciativas, e ampliar o directorio en futuras reedicións.

Podedes descargar directamente o directorio a través do enlace incorporado, e tamén abaixo (no nome do documento). Agardamos que sexa de utilidade, pero para poder coñecer a vosa opinión, agradecemos que despois de revisalo participedes nesta breve enquisa de valoración de tan só 5 preguntas (anónima e sen datos persoais), que só vos levará uns minutos cubrir. A vosa opinión e fundamental para nós.