O concello de Santiago e a Coordinadora Galega de ONGD, da cal formamos parte, poñen en marcha a cuarta edición do ‘Compostela + Solidaria‘, un programa de sensibilización que se levará a cabo do 2 ao 13 de abril en distintos espazos da cidade e onde Amigos da Terra participa de xeito moi activo.

PROGRAMA DE ACTIVIDADES

Ao longo de dúas semanas programaranse obradoiros, charlas, xogos, exposicións, proxeccións coa que a cidadanía terá a oportunidade de coñecer de que forma pode ‘mudar o mundo’ dende o seu día a día. Tamén, de divertirse e coñecer a realidade dos países empobrecidos, o traballo das ONGD galegas e as alternativas solidarias e xustas que, dende o ámbito local, contribúen a cambiar a realidade global.

Neste enlace>>> atoparedes o programa completo. Nel propoñemos actividades que xiran arredor de diversos eixes temáticos como o consumo responsable, o comercio xusto, a loita da comunidade LGTBI no Salvador, o dereito de acceso a medicamentos ou a radio como ferramenta de educomunicación. Cabe destacar a segunda edición da Mostra de curtametraxes sociais no cinema Numax

 

ACTIVIDADES DONDE PARTICIPA AMIGOS DA TERRA

Concretamente Amigos da Terra participa en 2 talleres

Laboratorio de Enerxías renovables

Cando? Venres 5 de abril de 16:30 a 20:00

Onde? Praza Roxa

Mostrario de enerxías renovables (solar, eólica, hidróxeno) na rúa que servirá para que da man da cooperativa de enerxía verde Nosa Enerxía e a Plataforma, Galiza un Futuro Sen Carbón, coñecer o impacto do noso consumo enerxético no cambio climático e como os países do Sur son os principais perxudicados. Tamén se contará con persoas expertas para explicar as distintas tecnoloxías, o seu funcionamente o uso.

Cociñando con comercio xusto e local

Cando? sábado 13 de abril ás 12:00

Onde? Aula Gastronómica da Praza de Abastos de Compostela

Dentro da campaña #MenosCarneMellorCarne e xunto ca ONGD Solidariedade Internacional a gastrobloguer Emilia Santiago Blanco elaborará receitas que nos permitirá coñecer novos modelos de producción e comercialización como os que propón Pastores de Galicia ou o movemento do Comercio Xusto.

As prazas son limitadas polo que será preciso a inscrición previa no correo administracion@galiciasolidaria.org

       Esta actividade conta co apoio económico da 

 

Se queredes axudarnos na organización das distintas actividades, non dubidedes en contactar con nós! Calquera colaboración será benvida! 🙂

Esperámosvos!