Os residuos son o exemplo máis claro da desconexión entre o ser humano e o medio ambiente. Na natureza non existen residuos, porque o que para unha especie é lixo, para outra son recursos.

É evidente que nas comunidades humanas isto non sucede. Existe un desequilibrio enorme entre o lixo que xeramos e os recursos naturais que perdemos cada ano. En concreto, a materia orgánica supón case a metade do total dos residuos sólidos municipais.

En Amigos da Terra, tras de máis de 12 anos impulsando programas de compostaxe doméstica, continuamos insistindo nas vantaxes económicas e ambientais que supón a compostaxe dos residuos orgánicos.

Traballamos tamén en campañas de presión política para acadar a separación da materia orgánica e a súa compostaxe, ao mesmo tempo formamos e informamos á sociedade sobre a práctica de compostaxe.

Cada día desperdiciamos toneladas de recursos naturais en forma de residuos e unha gran porcentaxe destes corresponde á fracción orgánica. Existe unha vida máis lóxica e beneficiosa para a materia orgánica que eliminamosmos: compost de calidade, sen restos inorgánicos para as nosas hortas e campos, substituíndo así os abonos químicos.

O compost é un abono orgánico con múltiples vantaxes ambientais e sociais, e aínda así aínda o seu uso na agricultura é reducido. Os chans do noso país están a sufrir unha falta de carbono orgánico, diminuíndo a súa fertilidade natural. A aplicación do compost en chans agrícolas non só nutriría os chans, afectados na súa maioría por procesos de desertificación, senón que reduciría o uso de agroquímicos, prexudiciais para a nosa saúde, os nosos chans e acuíferos.

Existe por tanto dispoñibilidade de materia orgánica a aplicar aos chans, e a necesidade de achegar materia orgánica aos chans, sendo imprescindible conectar os municipios produtores de compost e os seus potenciais consumidores. En amigos da Terra queremos conectar estes dous mundos, perseguindo a adaptación do sector para os efectos do cambio climático.

Actualmente estamos a realizar a primeira investigación que agrupa a análise de compost e a súa aplicación, para coñecer a súa contribución na adaptación ao cambio climático, en territorios con condicións e características diferentes. Un proxecto que conta co apoio do Ministerio para a Transición Ecolóxica a través da Fundación Biodiversidade.