Desde Amigos da Terra xunto a máis de 30.000 persoas de 70 países demandamos a Shell pola súa contribución ao cambio climático. Entregámoslle unha citación xudicial na súa sede central de Países Baixos por non tomar medidas para evitar o quecemento. Os nosos compañeiros de Amigos da Terra Países Baixos (Milieudefensie) demandaron a Shell co fin de obrigarlle a abandonar as actividades que prexudican o clima. Centos de activistas presentáronse na sede de Shell na Haia para entregarlle a citación xudicial e iniciar o proceso legal contra a empresa pola súa inacción ante o cambio climático.

As organizacións Amigos da Terra, ActionAid, Both ENDS, Fossielvrij, Greenpeace, Novos Amigos da Terra, Waddenvereniging, todas elas de Países Baixos, e un grupo de 500 co-demandantes presentamos unha demanda de 236 páxinas na sede internacional de Shell na cidade da Haia.

Un xuízo histórico contra o cambio climático

Hai exactamente un ano, comezamos unha campaña para levar a Shell a xuízo. O primeiro paso foi avisar á multinacional das súas intencións e esixirlle medidas para pór fin á destrución climática que estaba a ocasionar coa súa actividade empresarial. Con todo, a compañía fixo caso omiso a estas demandas. Está claro que os directores de Shell aínda non queren dicirlle adeus ao petróleo e ao gas, e arrastrarían ao mundo a un colapso antes de renunciar ás súas operacións. Con todo a xustiza pode evitalo.

Na citación xudicial entregada a Shell, detállanse os motivos polos que se demanda á multinacional. As organizacións argumentan que a compañía é consciente desde hai tempo do cambio climático, así como do rol que desempeñou á hora de provocalo. Nos Países Baixos, a cidadanía, incluídas as empresas, teñen o deber legal de non causar danos innecesarios de forma consciente si se póden tomar medidas preventivas de forma razoable para evitar os danos, o que xuridicamente se coñece como “neglixencia prexudicial”.

Shell recoñece a súa contribución ao cambio climático

A pesar de que a propia empresa recoñeceu a contribución da industria dos combustibles fósiles ao quecemento global e afirma que apoia plenamente o Acordo de París, segue sen actuar, e continúa presionando en contra das medidas que favorecen ao clima e o interese xeral, e investindo miles de millóns na extracción de petróleo e gas.

O informe do Panel Intergobernamental de Expertos sobre o Cambio Climático (IPCC) publicado en 2018, que se presenta como unha proba clave nesta demanda, subliña a importancia de limitar o quecemento global a 1,5°C, alertando da necesidade de manter a temperatura por baixo si quérese protexer á poboación e os ecosistemas. Á súa vez destácase a devastación e os impactos potencialmente irreversibles que pode ocasionar calquera “quecemento adicional”.

No documento da demanda próbase non só que os obxectivos climáticos de Shell non garanten ningunha redución das emisións, senón que as súas actividades contribuirían a traspasar o limiar de 1,5ºC. Neste sentido, os demandantes sosteñen que Shell está a violar o seu deber de protexer os dereitos humanos ao socavar as oportunidades de manter o quecemento por baixo de 1,5°C. Os demandantes argumentan que Shell viola os artigos 2 e 8 do Convenio Europeo de Dereitos Humanos: o dereito á vida e o dereito á vida privada e familiar.

Xa existe un precedente por incumprir as metas climáticas

No histórico caso xudicial de Urgenda contra os Países Baixos, o Tribunal de Apelacións dos Países Baixos sentou un precedente ao ditaminar que o incumprimento das metas climáticas levaba unha violación dos dereitos humanos. O tribunal ordenou ao Estado reducir as súas emisións de gases de efecto invernadoiro polo menos un 25% antes de finais de 2020.

“Se esta demanda chegase a bo termo, sería a primeira vez que una das multinacionais máis grandes do mundo veríase obrigada a modificar as súas operacións empresariais”, afirmou Roger Cox, quen se encarga desta demanda contra Shell e quen tamén representou a Urgenda. Se os tribunais obrigan a Shell a reducir as súas emisións de CO2 nun 45% antes de 2030 baseándose nos niveis de 2010, e reducilas a cero antes de 2050, de conformidade co Acordo de París sobre o Clima, esta vitoria sentaría un precedente e incrementaría a presión para que as empresas de combustibles fósiles modificasen as súas condutas.

Podes sumarte ás 30.000 persoas que apoian a petición asinando aquí!

***

Resumo da demanda en castelán