Agroecoloxía: un modelo agroalimentario xusto e saudable. Unha alimentación saudable implica necesariamente uns métodos de produción respectuosos co medio ambiente e as persoas. Temos claro que o sistema agroalimentario que alimenta as baldas dos supermercados e, polo tanto, a boa parte da poboación non é sustentable.

A agricultura industrial, un modelo que require de grandes cantidades de auga, de insumos químicos (pesticidas, fertilizantes, herbicidas…), que degrada ecosistemas até facelos desaparecer e acapara terras desprazando á poboación e incrementando a desigualdade das poboacións máis vulnerables, non vai alimentar ao mundo, senón que vai seguir socavándoo, e agravando o cambio climático.

A agroecoloxía: respecto ao medio ambiente e as persoas

A agroecoloxía entendida como un sistema onde teñen cabida diversas iniciativas agrarias e gandeiras cun eixo vertebrador común como é o respecto polo medio ambiente, a diversidade e as persoas, abre paso a un modelo alimentario saudable para A Terra, para as nosas familias e para a poboación mundial. Falamos de soberanía alimentaria. A capacidade e o dereito das persoas a decidir a nivel local que cultivar e consumir de forma equitativa, xusta e ética social e ambientalmente.

Pero para conseguir un sistema alimentario en consonancia cos ecosistemas e as persoas que os habitamos imos ter que promover estas alternativas na medida das nosas posibilidades. E isto require dun forte apoio por parte da cidadanía, pero tamén e principalmente por parte das administracións, que teñen a capacidade de contribuír á súa xeneralización.

Unha alimentación ecolóxica accesible a toda a poboación

Un cambio de modelo a unha alimentación ecolóxica, xusta e saudable pasa porque estes alimentos sexan accesibles a gran parte da poboación. O aumento das iniciativas agroecolóxicas e os establecementos locais e de proximidade onde poder elixir esta alimentación é inherente a este cambio. Os produtos ecolóxicos non poden quedar nunha alternativa apta para uns poucos petos. Contamos cos grupos de consumo e cos mercados agroecolóxicos de venda directa (busca o máis próximo), os cales son alternativas, pero necesitamos que este tipo de alimentación sexa unha elección máis fácil e a disposición de todos e todas.

Entre as barreiras que nos atopamos, tamén hai unha que non só ten que ver coa falta de apoio público a estas iniciativas, e é que nos afixemos a darlle moi pouca importancia á nosa comida, e a pagar moi pouco pola mesma. Si queremos unha alimentación local e sa, que á súa vez procure unha vida digna ás persoas que a producen, sempre teremos que pagar un pouco máis, pero só un pouco máis, e en moitos casos case nin notaremos a diferenza.

Promovemos a Soberanía alimentaria e a agroecoloxía

Desde Amigos da Terra traballamos para fomentar a agroecoloxía e a soberanía alimentaria, para denunciar a gandaría industrial, e os impactos do sistema agroalimentario. Ademais de mostrar as alternativas e sensibilizar sobre as mesmas, a presión política tanto a nivel local como estatal é unha pedra angular, necesitamos políticas públicas que favorezan este modelo que reaviva os nosos ecosistemas e o noso mundo rural, á nosa España baleirada.

 

Que podo facer eu?

• Participa nun grupo de consumo. Aquí deixámosche un enlace onde poderás atopar varios grupos de consumo.

• Atopa os mercados agroecolóxicos máis próximos. Si fas unha procura, atoparás uns cantos.

• Si cresúltanche complicadas estas opcións, podes comprar en postos do mercado ou nas tendas locais de toda a vida, optando por alimentos locais, frescos e de tempada, si poden ser ecolóxicos, mellor.

• Cultiva a túa propia comida: participa nunha horta comunitaria ou planta as túas hortalizas no teu balcón ou directamente no interior da túa casa.

• Propón nos centros públicos (coles, hospitais, residencias…), que consuman alimentos locais e de tempada.

• Reduce o teu consumo de carne, e opta por carne de calidade procedente da gandaría extensiva, sa para ti e para o planeta.