Fronte á gandería industrial: Menos carne, mellor carne. Reduce o teu consumo de carne e elixe unha gandería ecolóxica.

Unha gandería a pequena escala cun gran valor ambiental e social, que xera emprego no medio rural, contribúe ao bo estado dos ecosistemas e mellora a túa saúde.

Até a data, a Política Agraria Común europea fomentou a expansión da gandería industrial e, por tanto, os seus impactos: pero podemos darlle a volta e esixir que apoie unha gandería a pequena escala e o acceso a alimentos sans e respectuosos co medio ambiente.

 

Beneficios da gandería extensiva e agroecolóxica

· Mantén os nosos ecosistemas sans e vivos

· Contribúe a loita fronte ao cambio climático

· Axuda a previr os incendios forestais

· Favorece o emprego no medio rural

· Respecta o benestar animal

· É máis saudable para ti e a túa familia

Que podes facer ti?

• Menos carne: reduce o teu consumo de carne, ovos e lácteos
Para levar unha dieta saudable, respectuosa co medio e máis xusta, é inevitable contar cunha alimentación máis rica en verduras, froitas, cereais, legumes…
Sabías que os legumes achegan un 20% de proteínas, igual que a carne?

• Mellor carne: elixe carne dun provedor local e ético
Si é ecolóxico mellor: podes atopar produtores de venda directa e comercios.

• Denuncia a macro-explotacións e empresas xunto ás plataformas cidadás «Stop Gandería Industrial». Entra en StopGanaderiaIndustrial.org

• Únete aos nosos grupos locais para reivindicar unhas políticas acordes aos límites do planeta. Necesitámosche. Contáctanos! Axúdanos a gañar esta batalla!

Vexetaliza a túa dieta. Consome menos carne e mellor carne!