Insistimos, resistimos, mollámonos.

Cada ano, nos meses de xullo e agosto, os colectivos sociais e culturais da cidade agrupados en torno a EsCuA, o Espazo Cultural Alternativo, enchen de programación cultural e activista o verán ourensán.

As prazas e rúas da zona histórica e outros espazos singulares reviven co cinema, radio, cociña, dereitos civis, as performances, os concertos, xogos populares, bailes, roteiros e as demais actividades que confirman o veránEarte.

35 actividades e mais de 20 colectivos están implicados nesta edición.

A Bela Auria, AC Óscar Allos, ACL, Amigas das árbores · Ourense, Amigos da Terra, Amnistía Internacional Galicia, Asdooito, Assembleia Orgulho Ourense, Ceivar Opar, Cineclube Padre Feijoo, Colectivo Re-creo, Comercio Xusto SIG Ourense, Comité Cidadán Anti-SIDA de Ourense,

Fóra do Linde, Grecicleta, Guerrilla Poética, Marcha Mundial Mulleres Galiza, Masa Crítica Ourense, O Espertello, e Radio Liverdade son os colectivos que sustentan a programación.

O deseño do cartaz desta edición corre a cargo da ilustradora ourensá Laura Pato.

A programación do veránEarte é aberta e participativa. Autoorganizada e autoxestionada. De balde, en galego e feminista e ecoloxista. Os colectivos que toman parte nela queren reivindicar o uso activista, social e cultural do espazo público sen por elo ter que pagar taxas de ocupación, e tamen temos o obxectivo de construír unha cultura popular de base non mercantilizada, posíbel grazas a moitas vontades e esforzos e accesíbel a todas as veciñas.

Dende Amigos da Terra organizaremos o martes 23 un roteiro de herbas menciñeiras.

 

Podes seguer cada día toda a info do #VeA19 no facebook e no twitter de EsCuA.

Festa de presentación
dom30/13h/pr. da Ferrería

XULLO

Maripicnic mart2/19h30/Ponte Vella
Assembleia Orgulho Ourense
Concerto na praza: Las Cruzes mart2/21h30/pr. San Marcial
O Espertello
Radio veránEarte xov4/19h/escaleiras do Arqueolóxico
Radio Liverdade
Faladoiro: Marielle Franco xov4/20h30/A Galleira
Assembleia Orgulho Ourense
Xogos Cuir sab6/18h/Zona Histórica
Assembleia Orgulho Ourense
Piquenique Laneiro luns8/11h/Parque Barbaña
Asdooito
Paseo das Letras mart9/20h/pr. da Ferrería
Guerrilla Poética
Concerto na praza: Los Camachuelos mart9/21h30/pr. San Marcial
O Espertello
Cinema: Elisa e Marcela xov11/20h30/A Galleira
Assembleia Orgulho Ourense
Roteiro: Lusco e Fusco na Fraga luns15/22h/Palmés
Amigas das árbores · Ourense
Concerto na praza: Mounqup mart16/21h30/pr. San Marcial
O Espertello
Cociña: Chocobanano mérc17/18h30/Tenda Comercio Xusto
Comercio Xusto SIG Ourense
Olímpalas xov18/20h30/r. Bailén
Marcha Mundial Mulleres Galiza
Mural: dereito universal a Educación venr19/19h30/Tenda Comercio Xusto
Amnistía Internacional Galicia
Doc: Memoria de Pedra luns22/21h/O Espazo Coworking
A Bela Auria
Roteiro das Herbas mart23/20h/Horta da Terra
Amigos da Terra
Concerto na praza: The Tetas’ Van mart23/21h30/pr. San Marcial
O Espertello
Masa Crítica mérc24/19h30/Parque San Lázaro
Masa Crítica Ourense
E/M/E/R/X/E xov25/19h/escaleiras do Arqueolóxico
ACL
Concerto na praza: Candeleros mart30/21h30/pr. San Marcial
O Espertello
Balconada #VIHSIBLES mérc31/21h/pr. San Marcial
Comité Cidadán Anti-SIDA de Ourense

AGOSTO

Obradoiro: SerigrafiOU xov1/11h30/Museo do Barrio
A Bela Auria
Clásicos por barrios: Bo, que noite! luns5/21h30h/A Ponte
Cineclube Padre Feijoo
Detectives na rúa mart6/19h/pr. San Marcial
Colectivo Re-creo
Concerto na praza: TanDub mart6/21h30/pr. San Marcial
O Espertello
Trivial Feminista merc7/22h/pr. Pena Vixía
Marcha Mundial Mulleres Galiza
Obradoiro: SerigrafiOU xov8/11h30/Museo do Barrio
A Bela Auria
Cinema: Tódalas mulleres que coñezo xov8/22h/pr. Pena Vixía
Asdooito
Cinema na praza: The king of summer luns12/21h30/pr. San Marcial
Cineclube Padre Feijoo
Concerto na praza: O Puto Coro do Exército Froilanista mart13/21h30/pr. San Marcial
O Espertello
Cata: Isto son tomates! mérc14/20h/pr. San Cosme
Fóra do Linde
Obradoiro: SerigrafiOU xov15/11h30/Museo do Barrio
A Bela Auria
Cinema na praza: Life Of Brian luns19/21h30/pr. San Marcial
Cineclube Padre Feijoo
Concerto na praza: Aldaolado mart20/21h30/pr. San Marcial
O Espertello
Cociña: Tartaleta Xusta mérc21/18h30/Tenda Comercio Xusto
Comercio Xusto SIG Ourense
Obradoiro: SerigrafiOU xov22/11h30/Museo do Barrio
A Bela Auria
Circo: Fóra do normal xove22/20h30/Mirador San Francisco
Grecicleta
Contacontos: Irene polo Mundo luns26/19h/Tenda Comercio Xusto
Comercio Xusto SIG Ourense
Cinema na praza: Barbara luns26/21h30/pr. San Marcial
Cineclube Padre Feijoo
Saber e Safar! mart27/20h/pr. San Cosme
Ceivar Opar
Concerto na praza: Fora Ostias mart27/21h30/pr. San Marcial
O Espertello
De Rue, festival urbano mérc28/19h30/pr. Pena Vixía

Obradoiro: SerigrafiOU xov29/11h30/Museo do Barrio
A Bela Auria
Masa Crítica xov29/19h30/Parque San Lázaro
Masa Crítica Ourense
FIB X xov29/20h/pr. San Marcial
AC Óscar Allos