Entidades sociais, do rural, sindicais e ecoloxistas presentaron hoxe preto de 40 medidas que forman parte da proposta ‘Por un monte galego con futuro’.

En rolda de prensa en Santiago, déronse a coñecer algunhas das propostas que pasan por unha moratoria indefinida da plantación de eucaliptos, así como o impulso dunha lei que favoreza a multifuncionalidade do monte e a obrigación de reservar un 30% para bosque autóctono en plantacións forestais.

Neste sentido, reclamase á Xunta a retirada da revisión do Plan Forestal por promover a ocupación de 35.000 hectáreas máis de eucalipto, á vez que cargase contra a Estratexia Galega contra o Cambio Climático. por falta de ambición e potenciar máis o carbono.

As entidades que apoian este manifesto son: Adega, Asociación Frouma , Asociación Galega de Apicultura (AGA), Asociación Pola Defensa da Ría (APDR), Amigos da Terra, Colectivo Agrocuir da Ulloa, CIG, Comando Ghichas do Valmiñor, Federación Rural Galega (Fruga), Montegal, Organización Galega de Comunidades de Montes (Orgaccmm) e Sindicato Labrego Galego (SLG).

As medidas propostas e documento pódense consultar aquí