A nova Alianza pola Emerxencia Climática dirixe a súa mirada aos concellos coincidindo coa inauguración do seu mandato, e pídelles un maior compromiso na loita contra a crise climática.

• A elaboración dunha folla de ruta vinculante e o cumprimento de compromisos políticos reais e vinculantes, máis ambiciosos que os actuais, son as demandas principais.

As organizacións e colectivos pertencentes a Alianza pola Emerxencia Climática, entre as que nos atopamos Amigos da Terra, estamos a promover unha moción que se dirixe aos plenos dos concellos e aos grupos políticos coa finalidade de que recoñezan o actual estado de emerxencia climática.

Esiximos o recoñecemento de que o planeta, así como os seres vivos e os ecosistemas, atópanse en grave perigo, sendo proba diso os recentes informes sobre o estado da biodiversidade do IPBES e sobre o quecemento global de 1,5 ºC do IPCC, que alertan dun rumbo que leva á extinción dunha gran parte dos ecosistemas terrestres. Un millón de especies están ameazadas pola actividade humana. O punto de non retorno fronte ao cambio climático aproxímase, non podemos pechar a xanela de oportunidade para tomar as medidas fundamentais requiridas. Non dar resposta á actual crise eco-social suporía a morte de millóns de persoas, e a extinción de especies imprescindibles para a vida na Terra.

Nese sentido instamos a que se acepten as evidencias científicas, e sexan recoñecidas de maneira pública. Reducir as emisións e pór en marcha medidas de adaptación son as únicas maneiras para protexer o noso futuro e o dos actuais ecosistemas. A cidadanía debe de entender a urxencia e irreversibilidade desta loita e os concellos deben desempeñar un papel clave na formación, educación e información sobre o necesario freo ás emisións e vital adaptación ás consecuencias do incremento da temperatura global.

Declarar a emerxencia climática require asumir o cumprimento de compromisos políticos reais e vinculantes, moito máis ambiciosos que os actuais, coa consecuente asignación de recursos para facer fronte a esta crise. Por este motivo, desde Amigos do a Terra como parte da Alianza pola Emerxencia Climática, pedimos aos concellos que asuman compromisos sobre as medidas que se deben adoptar e que se comprometan a elaborar unha folla de ruta vinculante en liña coas indicacións do informe do IPCC para limitar o aumento das temperaturas globais a 1,5 ºC nas mocións de declaración da emerxencia climática de cada concello.

Desde Amigos da Terra creemos que a declaración de emerxencia debe vir acompañada de medidas efectivas que nos permitan alcanzar unha rápida descarbonización dos sectores económicos, e estas deben estar enmarcadas nunha folla de ruta que permita anticipar a todos os axentes as accións municipais encamiñadas a este fin. As medidas de eficiencia, adaptación e descarbonización locais son agora mesmo a mellor resposta ao cambio climático nun contexto de inacción internacional, no que ano tras ano as emisións non deixan de subir no seu cómputo global.

Actúa!

Se queres presentar unha moción no voso concello aquí tedes un modelo.

En leste enlace, podes sumar a túa organización ou colectivo á Alianza pola Emerxencia Climática.

***

*A Alianza pola Emerxencia Climática está conformada por máis de 75 organizacións e colectivos de toda España, entre outras:

• Amigos de la Tierra

• Asociación Despierta

• Asociación Ecología y Educación para una Ciudad Sostenible – Transitando

• ATTAC

• BATÏQ

• CGT

• Climate Reality Project

• Confederación Intersindical

• Contra el diluvio

• Cooperativa Lluriga

• Educación Ambiental – EA26

• Ecologistas en Acción

• Ecooo

• Entrepueblos

• Extinction Rebellion Spain

• Foro transiciones

• FRAVM

• Fridays For Future

• Fundación Vida Sostenible.

• Greenpeace

• IES Las Américas (Parla)

• InspirAction

• Intersindical Región Murciana

• Intersindical Valenciana

• La Transicionera (Sevilla)

• Madres por el Clima

• Mujeres con Energía

• Observatorio de la sostenibilidad

• Plataforma por un Nuevo Modelo Energético

• Red de Mujeres por una Transición Energética Ecofeminista

• Red Ecofeminista

• Red ibérica de Ecoaldeas

• Revo Prosperidad Sostenible

• SEO Birdlife

• Sustenta

• TEACHERS FOR FUTURE SPAIN / PROFES POR EL FUTURO

• Unión Sindical Obrera (USO)

• València Saludable

• WWF España

• 350BCN