As entidades da Alianza Residuo Cero – AERESS, Amigos da Terra, Ecoloxistas en Acción, Greenpeace, Retorna, Rezero e Surfrider España– lideramos un manifesto secundado por organizacións nacionais e internacionais para pedir de maneira definitiva a implantación dun Sistema de Depósito para envases de bebidas en España. Pretendemos así liquidar así o abandono diario de millóns de botellas e latas no medio natural.

A aposta dun novo executivo polo Sistema de Depósito debe vir cunha aposta definitiva polos envases reutilizables.

Preténdese así lograr un obxectivo do 70% en 2025, coa opción de ampliar esta práctica a outro tipo de materiais como cuncas ou envases de alimentos.

En pleno debate pola composición dun novo goberno no estado español, as entidades da Alianza Residuo Cero, xunto aos movementos internacionais Zero Waste Europe e Break Free From Plastic, quixemos lanzar unha clara mensaxe aos futuros membros do executivo: é o momento de acabar cos envases dun só uso que contaminan a nosa contorna seguindo a liña marcada polas novas directivas europeas e poñendo en marcha ferramentas eficaces como o Sistema de Depósito.

Manifesto

Nun manifesto asinado por entidades sociais nacionais e internacionais, a Alianza Residuo Cero facemos un chamamento para implementar dunha vez un modelo de economía circular no que todos os envases poidan conservar o valor dos seus materiais e non acaben contaminando o noso medio natural a través dunha ferramenta como o Sistema de Depósito, que xa funciona con éxito en máis de 40 rexións de todo o mundo.

Esta ferramenta, permite acadar un obxectivo de reutilización para os envases de bebidas do 70% para 2025. Ademais debe tentar ampliarse a cuncas e todo tipo de envases.

O Sistema de Depósito equivale á práctica levada a cabo en España ata os 80 de ‘devolver o casco’. Trátase dun sistema mediante o cal os consumidores que compran un produto pagan unha cantidade adicional de diñeiro (depósito), ao devolver o envase ou produto ao comercio reciben o reembolso da devandita cantidade. Nalgúns países europeos grazas a este sistema, alcánzanse as taxas máis altas de recollida selectiva: ao redor do 90%.

E este é un feito fundamental se atendemos que, a través da nova lexislación europea contra os plásticos dun só uso, en 2029 deberase cumprir co obxectivo de recoller selectivamente o 90% das botellas de plástico, chegando previamente ao 77% en 2025 e sendo obrigado que todas as botellas de bebidas sexan producidas cun 30% de contido reciclado en 2030.

España debe transpor esta directiva antes de finais de 2021. A propia UE e convenios internacionais como o Convenio de Barcelona ( UNEP-MAP) recomendan os Sistemas de Depósito como a mellor ferramenta para lograr este ambicioso escenario.

Ambientalmente

Ambientalmente, a Alianza Residuo Cero destacamos que os Sistemas de Depósito poden evitar ata un 40% do lixo que chega hoxe ata os nosos mares e abren a porta ao uso dos envases reutilizables, que no caso do vidro poden usarse ata 50 veces e no do plástico ata 20 veces antes de ser convertidos en novos envases.

A modo de exemplo,o mar Mediterráneo é a sexta gran zona de acumulación de plásticos do planeta, e os datos rexistrados son equiparables aos niveis que se dan nas grandes áreas de acumulación dos océanos (debido ás correntes) ou xiros, como a mal chamada ‘illa do plástico’ do Pacífico’, como sinala Andrés Cózar, profesor de Ecoloxía da Universidade de Cádiz.

Outros países Con esta realidade, non é de estrañar que países veciños como Portugal e Francia xa tomasen cartas no asunto e, ambos, acaben de aprobar senllas leis de residuos e economía circular nas que apostan claramente pola implantación dun Sistema de Depósito para mitigar este grave problema.

Na mesma liña, ata grandes asociacións de produtores de bebidas, tradicionalmente reacias á idea do Sistema de Depósito, cambiaron a súa postura tanto en Europa como en Estados Unidos para recoñecer que é a maneira máis eficaz e eficiente de recuperar os millóns de envases que cada día poñen no mercado.