A gandería industrial e o consumo excesivo de carne é un dos factores determinantes desta situación.

A terra xa se atopa suxeita a unha presión crecente do ser humano, que o cambio climático acentúa. Así mesmo, segundo afírmase no último informe do Grupo Intergobernamental de Expertos sobre o Cambio Climático (IPCC), publicado onte, a redución das emisións de gases de efecto invernadoiro de todos os sectores, incluído o da terra e o alimentario, é o único modo de manter o quecemento global moi por baixo de 2 °C.

Informe IPCC

«A terra que xa se está cultivando podería alimentar á poboación nun contexto de cambio climático e ser unha fonte de biomasa que proporcione enerxía renovable, pero débense adoptar iniciativas temperás de gran alcance que incidan simultaneamente en diversos ámbitos», explicou Hoesung Le, Presidente do IPCC. «Iso tamén permitiría velar pola conservación e restauración dos ecosistemas e a biodiversidade».

A adopción de iniciativas coordinadas para facer fronte ao cambio climático pode supor a mellora simultánea da terra, a seguridade alimentaria e a nutrición, a demais de axudar a acabar coa fame. No informe destácase que o cambio climático afecta os catros alicerces da seguridade alimentaria: dispoñibilidade (rendemento e produción), acceso (prezos e capacidade para obter alimentos), utilización (nutrición e preparación de alimentos) e estabilidade (alteracións da dispoñibilidade).

Tal e como destaca o Informe, a gandería industrial implica un consumo elevado de recursos naturais e graves custos ambientais. A alimentación do gando, a base de pensos, na súa maioría transxénicos, é o principal motor da expansión dos monocultivos en todo o mundo e, por tanto, da deforestación, empregándose unha gran cantidade de auga e chan para a súa produción. Á produción de carne en macro-granxas temos que sumar todos os recursos que se empregaron para xerar o penso que alimenta ao gando. O 80% de todas as terras agrícolas a nivel mundial destínanse á alimentación de gando.

Responsabilidades

Amigos da Terra considera que este novo informe de IPCC pon de manifesto que os gobernos teñen a responsabilidade de promover un sistema alimentario que garanta un uso sustentable da terra, reducindo a produción industrial de carne nos países do norte global e apostando pola promoción de modelos máis respectuosos coa terra e a biodiversidade, como a gandería extensiva e a produción agroecolóxica de alimentos. A emerxencia climática márcanos que debemos empezar a adoptar modelos alimentarios máis sustentables para evitar unha maior deterioración da terra e os efectos do quecemento global.