Dende inicios deste ano Amigos da Terra leva a  cabo en Nicaragua un proxecto de acuicultura sostible, financiado polo Concello de Santiago, co-executado porla ONGD local Fundación LIDER, e coa colaboración da Universidad Nacional Autónoma de Nicaragua, León (UNAN-León).

A través de gaiolas flotantes, 4 cooperativas de pescadores e pescadoras artesanais melloraron a súa actividade, promovendo un modelo produtivo respectuoso co medio ambiente.

Descobre neste vídeo como a través deste proxecto de cooperación ao desenvolvemento, familias vulnerables do país melloran a súa alimentación e a súa calidade de vida.