Este 27 de setembro únete á Folga Mundial polo Clima. Imos sumar as nosas voces para esixir medidas ante a crise climática. Atopámonos nunha situación crítica para o noso planeta e a cidadanía; e agora é o momento de actuar e reclamar a gobernos e empresas que aposten por un novo modelo socio-ecolóxico.

¡Bota un ollo ás movilizaciones e sumate!

Atoparedes información das accións en Galicia  >>>

Convocatorias Folga polo Clima no resto do Estado

A ciencia leva décadas alertando sobre os impactos do cambio climático nas nosas sociedades, e agora estamos vendo que os efectos son ata máis graves do previsto. Si non lles forzamos a actuar dunha vez por todas, a vida no planeta verase seriamente comprometida. A última vez que os niveis de CO2 eran tan altos, crecían as árbores no Polo Sur.

Necesitamos accións contundentes por parte de todos os gobernos. Galicia é unha das zonas máis vulnerables ante o cambio climático, si non se limita o incremento da temperatura media global en 1,5 ºC, as consecuencias para as xeracións presentes e futuras serán catastróficas.

Esta crise climática é consecuencia dun modelo baseado nos combustibles fósiles e na explotación dos nosos recursos de forma compulsiva sen importar as consecuencias sociais e ambientais. A crise afecta a toda a poboación, pero aínda máis ás persoas que habitan as rexións máis empobrecidas, polo que é indispensable reclamar xustiza climática durante as movilizaciones.

A mocidade polo clima espertou, e chama ás nosas portas para que nos unamos a este movemento imparable que vai cambiar a historia.

En que consiste a folga?

Aínda que os sindicatos participen non se está preparando ningún paro de varias horas, nin podemos facer unha folga oficial. Con todo farase:

Folga de consumo
Folga de coidados
Folga estudiantil

Anímase ao pequeno comercio e empresas a pechar durante as horas da manifestación a partir das 18:00.

A xente está convocada para concentracións ás 11:00, de 4 minutos e 15 segundos. Unha cifra simbólica que fai referencia ao número de partículas de CO2 que se alcanzaron en abril, nivel que non se rexistraba desde facía tres millóns de anos.

Podes ver aquí as

convocatorias para as concentracións nas xornadas de folga.

Participa!