Nos vindeiros días vanse celebrar distintas accións en torno a Folga Mundial polo Clima, que se terá lugar o venres 27 de setembro. A proposta que vos facemos dende Amigos da Terra é sumarvos o domingo 29 a unha actividade que sirva para chamar a atención sobre os efectos do cambio climático. En Galicia, un dos máis palpables son e serán os incendios forestais. A nefasta xestión forestal, xunto co abandono do noso rural e unhas condicións metereolóxicas inusuais foron o caldo de cultivo para que o lume debastara milleiros de hectáreas en outubro de 2017. O cambio climático será un factor determinante para que esta situación se poida repetir, por desgraza, nun futuo non lonxano.

Así vos propoñemos que vos unades a un roteiro que se vai desenvolver polas zonas afectadas polos incendios para que poidades coñecer tanto os seus efectos como as distintas actuacións que se fixeron para a súa recuperación, restauración e repoboación por máis dun cento de persoas voluntarias e onde seguimos a traballar. Este trociño de monte que nos empresta a Comunidade de Montes de O Tourón é a demostración doutra xestión dos nosos montes, a esperanza de que se poden facer as cousas dun xeito diferente.

Esta andaina tamén servirá para planificar as seguintes actuacións na zona así como para recoller landras nos carballos que quedaron en pé. Explicarase como se poden sementar para obter plantóns que despois voltaremos (se queredes) ao monte de O Tourón.

Concluiremos a xornada cunha pequena mostra fotográfica onde mostraremos as actuacións das que falamos no monte xunto cun xantar na Casa do Pobo co que cada unha poida traer ou aportar.

Para anotarte na actividade é preciso que cubras este breve formulario>> de cara a organizar a loxística da actividade.

https://forms.gle/2sYDurawozQkQRuq7