Lamentamos comunicar que o curso queda aprazado para os meses vindeiros. En breves comunicaremosvos as novas datas.

********

Queres cultivar os teus propios alimentos ou aprender novos métodos de cultivo agroecolóxico?

Si che interesa desde Amigos da Terra imos impartir un curso básico do “Método biointensivo de cultivo de alimentos” os días 11, 12 e 13 de outubro na cidade de Ourense. Este curso será a segunda das formacións que se leven a cabo en Galicia dentro do proxecto “Cultivo Biointensivo de Alimentos como método innovador de adaptación ao cambio climático de hortas familiares e comunitarias”, un proxecto de carácter estatal que se levará a cabo en catro comunidades autónomas e 3 rexións climáticas.

O curso  impartirase, en horario de 9:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h, e contará cunha parte teórica que e cunha parte práctica, que se impartira na Horta da Terra, xestionada por Amigos da Terra no barrio do Polvorín, na cidade de Ourense.

O Cultivo Biointensivo é un método agroecolóxico sustentable enfocado ao autoconsumo e á comercialización a pequena escala

Mentres respecta a natureza, pode chegar a obter o dobre de colleita que a agricultura convencional en moi pouco espazo, cun consumo de auga reducida e case sen depender de ningún recurso externo.

A técnica realízase con ferramentas sinxelas e baséase en principios que poden adaptarse a calquera clima. O resultado é un cultivo agroecolóxico que produce os alimentos necesarios para unha dieta completa e nutritiva á vez que reconstrúe e mellora a fertilidade do chan.

Vantaxes do cultivo biointensivo

O cultivo biointensivo mellora a fertilidade do chan até 60 veces máis rápido que a natureza e caracterízase por non usar agroquímicos (pesticidas, herbicidas) ou combustibles fósiles. Ademais en comparación coa agricultura convencional:

reduce o uso de auga un 77%
• reduce a cantidade de fertilizantes a aplicar nun 50%
• reduce a enerxía empregada un 96%
• aumenta a fertilidade do chan un 100%
• aumenta a produción de alimentos un 250%

A quen vai dirixido

Tanto ás persoas que queiran iniciarse na produción agroecolóxica, como a aquelas experimentadas que queren aprender novos métodos de traballo. A idea é que, si podes contar cun pequeno anaco de terra, poderás pór en práctica os teus coñecementos.

Si estás interesada e queres máis información preme en máis información e inscricións

 

Este proxecto conta co apoio do Ministerio para la Transición Ecológica a través da Fundación Biodiversidad