Tan só en 2018 máis de 300 persoas foron asasinadas por defender os dereitos humanos e ambientais fronte aos intereses privados de grandes empresas. Á crueza destes feitos, súmanse diferentes abusos de poder que se repiten por todo o planeta, sustentados por un modelo económico que pon o interese privado por encima do interese xeral.

Desde diferentes organizacións e colectivos unímonos baixo plataformas estatais e globais para pór fin á impunidade destas empresas que campan ás súas anchas sen importar as consecuencias das súas actividades. Por este motivo esiximos o establecemento dun Tratado Vinculante de Dereitos Humanos e Empresas que poña fin a estas violacións de dereitos humanos.

Asina por un tratado que poña regras ás multinacionais

A próxima semana terá lugar a Quinta Sesión do grupo de traballo da ONU sobre o tratado vinculante de dereitos humanos e empresas. Centenares de organizacións atoparémonos en Xenebra para participar nas negociacións de Nacións Unidas e esixir un Tratado que realmente garanta a defensa das comunidades, da súa contorna e dos seus medios de vida.

Non podemos permitir que transnacionais como Shell no Delta do Níxer envelenen terras e acuíferos, privando á poboación da pesca ou a gandaría, as súas principais ferramentas de sustento. Outro exemplo constitúeo Wilmar en Indonesia, aínda que a lista é interminable. Esta multinacional dedicada a producir aceite de palma, ha deforestado as selvas en Indonesia e expulsado á poboación.

A través deste Tratado estableceranse normas internacionais que castigarán as violacións sistemáticas de dereitos humanos en calquera país. Por este motivo esiximos ao Goberno que apoie un tratado que reflicta as obrigacións directas, así como responsabilidade penal, civil e administrativa por violacións de dereitos.

Podes ver máis información sobre as negociacións de 2018 neste enlace.