E se facemos que pase? Esa é a pregunta que está no aire esperando unha gran resposta cidadá que nos faga avanzar cara á transición enerxética renovable que necesitamos. Pero solo desde a cidadanía temos a resposta.

As administracións a todos os niveis son clave para o cambio profundo que necesitamos, pero sen a nosa presión e o aumento da enerxía comunitaria, dunha cidadanía energética comprometida, esta transición chegará demasiado tarde para enfrontarnos á crise climática que vivimos.

En setembro, 7 millóns de persoas saímos á rúa en todo o mundo para esixir medidas valentes e estar á altura do reto climático. Agora en decembro, celébrase o cume do clima en Madrid, COP25, un momento inigualable para tomar o pulso á clase política e forzar un acordo climático válido para o planeta e a xente que o habitamos.

Pero sabemos que desde a sociedade ademais de reclamar temos que dar pasos certeiros e liderar e participar en proxectos de enerxía comunitaria que nos permitan facer noso o cambio: producir, vender e intercambiar nosa propia enerxía de forma colectiva á vez que favorecemos unha transición xusta para todos e todas.

E que é a enerxía comunitaria?

Partimos da base de que é necesario un cambio radical no noso modelo enerxético. Na actualidade contamos cun modelo centralizado en mans de grandes empresas cuxa enerxía procede principalmente de fontes de enerxía sucia. Fronte a este modelo obsoleto que agrava a crise climática, desde Amigos da Terra promovemos a enerxía comunitaria: un modelo enerxético limpo en mans da xente.

A enerxía comunitaria engloba todo tipo de proxectos relacionados coas enerxías renovables, a eficiencia e o aforro enerxético, entre outros; proxectos baseados sempre na descentralización da enerxía e coas persoas como protagonistas deste cambio enerxético.

Exemplos de proxectos de enerxía comunitaria:

• Comunidades de veciños que practican o autoconsumo eléctrico colectivo (solar e/ou eólica);
• Cooperativas de enerxía renovables
• Proxectos colectivos de eficiencia e aforro enerxéticos
• Proxectos colaborativos como as plantas fotovoltaicas comunitarias ou Viure do Aire, nos cales a cidadanía aporta unha participación mínima de 100€;
• Comunidades de enerxía promovidas por administracións e que poidan participar as mesmas como partes interesadas;
Compras colectivas de placas fotovoltaicas cun aforro do 30%.

Ao longo destes anos o autoconsumo mantívose nun limbo, debido á conivencia entre o oligopolio enerxético e o goberno de quenda, bloqueando moitas das iniciativas cidadás relacionadas coas enerxías limpas. Agora que se derribou o imposto ao sol, malia que a lexislación está incompleta, contamos cun novo Real Decreto, e o avance da enerxía comunitaria é imparable.

Á súa vez a situación de urxencia climática á que nos enfrontamos require de transformacións profundas en diferentes ámbitos, e un dos principais é o enerxético. A ciencia leva anos advertindo da necesidade de tomar medidas, e agora é a cidadanía saíndo á rúa en mobilizacións masivas a que se fai eco da ciencia para premer a empresas e administracións.

Para complementar estas mobilizacións, é necesario poñer a enerxía renovable en mans das comunidades e da cidadanía, restando así poder á industria dos combustibles fósiles. Desta forma reduciríanse os gases de efecto invernadoiro e as perdas enerxéticas asociadas á xeración, distribución e transporte da enerxía no Estado. A dependencia pola enerxía máis contaminante diminuiría e daríase paso a un sistema de enerxía descentralizado.

Vantaxes da Enerxía Comunitaria

• Loitar fronte á crise climática
• Apoiar proxectos locais e comunitarios
• Aforrar no gasto de luz ata un 30%
• Reducir as perdas de enerxía
• Deixar de emitir diferentes gases contaminantes
• Plantarlle cara ao oligopolio enerxético
• Promover a soberanía enerxética
• Promover a implantación do auto-consumo
• Fomentar empregos no sector das renovables

Rebélate polo clima! ¡Sumate á enerxía comunitaria!