Amigos da Terra é unha organización que sempre destacou por plantexar unha actitude de defensa do medio ambiente, realista e construtiva, que apoia aquelas iniciativas que van xurdindo e axuda a mellorar o noso contorno dende a práctica e a acción.

Asociación Amigos da Terra

Somos unha asociación ecoloxista que ten como misión o fomento do cambio local e global cara a unha sociedade máis respectuosa co medio ambiente, xusta e solidaria.

Pretendemos un mundo o­nde todos os seres vivos e pobos vivan con dignidade e harmonía coa natureza.

OS NOSOS VALORES

  • Xusta e solidaria
  • Próxima ás persoas
  • Comprometida socialmente
  • Global e local
  • Costructiva e positiva
  • Educativa
  • Activista e reivindicativa
  • Aberta e dialogante
  • Pacifista e non violenta
  • Democrática e participativa
  • Independiente e laica

OS NOSOS OBXECTIVOS:

  • Protexer o medio ambiente, entendido no máis amplo senso.
  • Defender os intereses xerais dos consumidores e usuarios.
  • Promover alternativas baseadas no desenvolvemento sostible.
  • Mellorar a calidade de vida das comunidades humanas en tódalas súas facetas.
  • Promover a educación integral a todos os niveis e en todos os ámbitos, incluíndo de forma destacada a promoción de actitudes positivas e activas de cara ó medio e á igualdade entre os sexos e actitudes pacifistas.
  • Promover o asociacionismo infantil e xuvenil.

ORGANIGRAMA

Xunto con outras organizacións análogas e homónimas, está integrada en Amigos de la Tierra, unha o­nG clásica no estado español, que vén traballando de forma continua máis de vinte e cinco anos. Esta organización basea o seu traballo nos distintos grupos locais, presentes en vinte e unha provincias de todo o estado. Forma parte á súa vez de Friends of the Earth International (Amigos da Terra Internacional), organización internacional nada nos Estados Unidos, Gran Bretaña e Suecia no ano 1971 e que foi extendéndose ata o día de hoxe a 57 países dos 5 continentes. España figura como membro no ano 1979. No ámbito europeo existe outra estrutura supranacional chamada Friend of the Earth Europe (Amigos da Terra Europa). Aínda que pareza unha estrutura un tanto xerárquica, permite unha total independencia de acción dos grupos de cada nivel, sendo estes, órganos de coordinación e representación. Polo tanto, respéctase sempre a independencia e liberdade dos grupos.

ÓRGANO DE GOBERNO

En Amigos da Terra, o máximo órgano de goberno reside na Asemblea Xeral, que se reúne, como mínimo e de xeito ordinario, unha vez ao ano. Nela examínanse os balances económico e de actividades do ano anterior, debátense as diferentes propostas para o seguinte exercicio e elíxense os cargos da Xunta directiva. Na asemblea poden participar todas as persoas asociadas con voz e con voto. Entre asemblea e asemblea, o órgano decisorio é a Xunta directiva, que se reúne unha vez ao mes.

ÁMBITO DE ACTUACIÓN

A sede coordinadora da asociación Amigos da Terra está en Ourense e actualmente existe un grupo comarcal en Pontevedra. Tamén actuamos en países como O Salvador e Nicaragua o­nde nestes intres estamos desenvolvendo proxectos de cooperación.

XESTIÓN

Cremos que un cambio real só é posible se se fai de maneira coordinada entre administración, empresas e terceiro sector, pero cunha premisa fundamental: a revalorización do capital social como eixe para o cambio. Ofrecemos polo tanto servizos que non están cubertos nin por empresas nin pola administración, pero non dunha maneira pasiva de servilismo, senón dunha maneira dinámica, o­nde o usuario participa do proceso, implicándose na consecución dun cambio local e global, cara unha sociedade máis respectuosa co medio ambiente, xusta e solidaria.