Analia Moares

/Analía Moares

About Analía Moares

Somos unha asociación ecoloxista que ten como misión o fomento do cambio local e global cara a unha sociedade máis respectuosa co medio ambiente, xusta e solidaria.

Cantas vidas, parques naturais e hectáreas máis deben arder ata que asuman o estado de emerxencia?

lume_forestal

Horarios das concentracións cidadáns que se están a convocar para hoxe, luns 2 de Abril, ás 20:30:

A Coruña: nos Cantóns; Vigo: no Sereo; Compostela: no Obradoiro; Pontevedra: na Ferrería; Lugo: diante do Concello; Ourense: diante do Concello. Pontedeume ás 20:00 diante do Concello.

[…]

By | 2 de Abril, 2012|Novas de Biodiversidade|1 Comment

Labregos, consumidores e ecoloxistas exisen a prohibición do cultivo de millo transxénico MON810

Moratoria de francia sobre a prohibicion do cultivo MON 810O millo transxénico MON810 non garante unha maior rendibilidade nin contribúe á seguridade alimentaria, en contra do que afirmou recentemente o ministro Arias Cañete.

Ante a proximidade do inicio da época de sementa de millo, Amigos da Terra, Confederación de Consumidores e Usuarios (CECU), Coordinadora de Organizacións de Agricultores e Gandeiros (COAG), Ecoloxistas en Acción, Greenpeace e Plataforma Rural, esixen que España apele ao principio de precaución seguindo os pasos doutros países como Francia e que prohiba o cultivo de millo transxénico MON810, ao amparo do articulo 34 do Regulamento 1829/2003 CE.

[…]

By | 28 de Marzo, 2012|Novas de Agricultura e Alimentación|Comentarios desactivados en Labregos, consumidores e ecoloxistas exisen a prohibición do cultivo de millo transxénico MON810

Amigos da Terra participa no Curso sobre Soberanía Alimentaria

Hoxe máis de 1.400 millóns de persoas viven en situación de pobreza extrema e case 1.000 millón sofren fame. O 2011 pasará tristemente á historia como ano no que se declarou a primeira gran crise de fame do século XXI, que hoxe afecta a 11 millóns de persoas no Corno de África.

Queres entender por que?

Os días 7, 8 e 9 de novembro terán lugar as xornadas ‘Dereito á alimentación e soberanía alimentaria’, unha formación organizada pola Coordinadora Galega de ONGD que contará coa participación de persoas expertas como Gustavo Duch e Esther Vivas e Patricia Dopazo.

[…]

By | 26 de Outubro, 2011|Novas de Agricultura e Alimentación|Comentarios desactivados en Amigos da Terra participa no Curso sobre Soberanía Alimentaria

Os trens de proximidades teñen futuro, a pesares do AVE

salva_o_tren

Tras anos de reunións, presentación de alternativas, elaboración de informes, denuncias públicas… o incasable traballo feito por colectivos membros da Plataforma Salva o Tren, do que forma parte Amigos da Terra; materialízase no compromiso do Ministerio de Fomento para manter as infraestruturas nas líneas de proximidades de Galicia.

[…]

By | 20 de Outubro, 2011|Novas de Clima e Enerxía|Comentarios desactivados en Os trens de proximidades teñen futuro, a pesares do AVE

2ª Manifestación Estatal Antitransxénica (Madrid, 17 de abril)

091113_manifazaragoza

Mañá, sábado 17 de abril ás 11.30 horas terá lugar en Madrid a 2º Manifestación Estatal Antitransxénicos, partindo dende a Porta de Alcalá ata o Ministerio de Medio, Medio Rural e Mariño. Baixo o lema “Por unha Alimentación e unha Agricultura Libres de Transxénicos”, todo un conxunto de organizacións ecoloxistas, agrarias, de consumidores e moitas outras esixirán ao Goberno do PSOE que prohiba, dunha vez, o cultivo de transxénicos no noso país.

[…]

By | 16 de Abril, 2010|Novas de Agricultura e Alimentación|Comentarios desactivados en 2ª Manifestación Estatal Antitransxénica (Madrid, 17 de abril)