Analia Moares

/Analía Moares

About Analía Moares

Somos unha asociación ecoloxista que ten como misión o fomento do cambio local e global cara a unha sociedade máis respectuosa co medio ambiente, xusta e solidaria.

2ª Manifestación Estatal Antitransxénicos (17 de abril, Madrid)

091113_manifazaragoza

Despois da experiencia do ano pasado, neste 2010 unha serie de colectivos e organizacións promovemos baixo a lema “Por unha agricultura e unha alimentación libres de transxénicos” unha nova Semana estatal de loita contra os OMG (entre o 5 e o 17 de abril, con especial énfase na semana do 12-17 abril).

[…]

By | 31 de Marzo, 2010|Novas de Agricultura e Alimentación|Comentarios desactivados en 2ª Manifestación Estatal Antitransxénicos (17 de abril, Madrid)

A Aposta por frear o Cambio Climático en Europa

A Aposta por frear o Cambio Climático en Europa, España e Galicia.
A Aposta é unha campaña de educación ambiental que se desenvolveu xa en vinte países europeos. A primeira Aposta fíxose en Alemaña en 1998 dirixida á mocidade a través de BUNDjugend. Mozos e mozas foron quen de aforraren 10 millóns de Kg de CO2 en tan só un ano escolar. A raíz do éxito da iniciativa, realizáronse novas edicións da Aposta. Así, acadouse a marca de apostantes, chegando até 50.000 participantes na campaña europea do 2001. A Aposta en España comezou a fraguar coma consecuencia dunha xuntanza de mozos europeos celebrada en París en xullo de 2000. Despois da experiencia coordinada a nivel estatal, Amigos da Terra en Galicia comeza a traballar de xeito continuo desde o 2001, grazas á colaboración do voluntariado tanto local como europeo.

Pensa Globalmente, Actúa Localmente é o motor desta campaña. O proxecto baséase na aprendizaxe de conceptos e actitudes o­nde analízase a realidade, búscanse respostas e propóñense solucións acadar o obxectivo de redución das emisións, empregando a pedagoxía do compromiso, promovendo que se asuma a responsabilidade e a interiorización das cuestións plantexadas, cambiando así o comportamento por “si mesmos” identificándose cos valores que constitúen a base do proxecto: responsabilidade, participación e cooperación. A Aposta por frear o Cambio Climático motiva ás actitudes positivas cara o medio ambiente, favorecendo o intercambio de experiencias e a interacción entre os diversos actores sociais para a busca de solucións.

[…]

By | 10 de Outubro, 2008|Actúa|Comentarios desactivados en A Aposta por frear o Cambio Climático en Europa

A Aposta por frear o Cambio Climático

Amigos da Terra continúa coa Campaña A Aposta 2008 destinada aos fogares galegos, co reto de acadar o 5% de aforro en Enerxía, Auga e Transporte respecto ao consumido no ano anterior.

O próximo 15 de Outubro o programa arranca no Concello de Allarizcon 30 fogares voluntarios, integrado nunha rede estatal onde Amigos da Terra xunto a outras entidades de diferentes comunidades autónomas pretenden reunir un total de 350 fogares voluntarios que estean dispostos a aceptar o reto. O programa conta coa financiación do Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño.

[…]

By | 8 de Outubro, 2008|Novas de Clima e Enerxía|Comentarios desactivados en A Aposta por frear o Cambio Climático

Programa de Compostaxe Doméstica no Concello de Marín

A Concellaría de Medio Ambiente do Concello de Marín, en colaboración coa Asociación Amigos da Terra, presentan un Programa de Implantación da compostaxe doméstica no concello, que durará 9 meses, implicando a 50 familias; que xestionarán os seus propios residuos orgánicos e propiciando así unha diminución notable na xeración dos residuos orgánicos do concello.

A materia orgánica supón entre o 40-50% do peso dos residuos sólidos urbanos; a xeración ao ano supón varios centos de miles de toneladas. Miles de toneladas de residuos orgánicos acumúlanse nos vertedoiros da rexión, o que ocasiona graves efectos ambientais e, ao mesmo tempo, malgástase un recurso valioso susceptible de ser incorporado ao ciclo de consumo mediante a compostaxe.

[…]

By | 11 de Setembro, 2008|Novas de Recursos Naturais e Residuos|Comentarios desactivados en Programa de Compostaxe Doméstica no Concello de Marín