Solicitamos unha prórroga para as alegacións ao PRUX do Parque Nacional

As organizacións ecoloxistas e a asociación de guías do Parque Nacional das Illas Atlánticas piden unha prórroga no período de exposición pública do seu plan de xestión. Amigos da Terra, Anduxía, Agaia, Sociedade Galega de Historia Natural e Verdegaia consideran que o prazo para a presentación de alegacións resulta manifestamente insuficiente e reclaman un proceso real de participación pública. […]