Laura Casal

/Laura Casal

About Laura Casal

Somos unha asociación ecoloxista que ten como misión o fomento do cambio local e global cara a unha sociedade máis respectuosa co medio ambiente, xusta e solidaria.

Participantes do proxecto de cría de pargo en Nicaragua cóntannos as súas experiencias

Dende inicios deste ano Amigos da Terra leva a  cabo en Nicaragua un proxecto de acuicultura sostible, financiado polo Concello de Santiago, co-executado porla ONGD local Fundación LIDER, e coa colaboración da Universidad Nacional Autónoma de Nicaragua, León (UNAN-León).

A través de gaiolas flotantes, 4 cooperativas de pescadores e pescadoras artesanais melloraron a súa actividade, promovendo […]

By | 19 de Agosto, 2019|Novas de Cooperación|Comentarios desactivados en Participantes do proxecto de cría de pargo en Nicaragua cóntannos as súas experiencias

Familias pesqueiras en Nicaragua melloran os seus ingresos co cultivo de peixes

Á altura do quilómetro 187, estrada a Potosí, El Viejo, Chinandega, atópase a comunidade La Ballona, conformada por unhas 69 familias que viven exclusivamente da pesca artesanal, unha actividade produtiva que se reduciu nos últimos anos e da que cada vez é máis difícil vivir.

Alí vive Teófilo Thomás Calderon, 28 anos, casado e con tres […]

By | 6 de Xuño, 2019|Novas de Cooperación|Comentarios desactivados en Familias pesqueiras en Nicaragua melloran os seus ingresos co cultivo de peixes

II Curso Método Biointensivo de Cultivo de Alimentos

Amigos da Terra e a Asociación Raíña Paraíso, poñen en marcha unha segunda edición do curso teórico-práctico de 30h de duración, sobre introdución ao Método Biointensivo para o cultivo de alimentos! Trátase dun método de agricultura ecolóxica a pequena escala, enfocado ao autoconsumo e a mini-comercialización, desenvolto coa fin de cultivar os alimentos necesarios para […]

Amigos da Terra presenta un Directorio de Alimentación Ecolóxica

Amigos da Terra presenta un catálogo dixital de alimentación que agrupa diferentes alternativas para que a cidadanía galega poida exercer un consumo alimentario consciente e respectuoso co medio e, ao mesmo tempo, poñer en valor e visibilizar o labor de moitos labregos e labregas a prol doutro modelo productivo.

Neste Directorio de Alimentación Ecolóxica Galega, […]

By | 25 de Marzo, 2019|Novas de Agricultura e Alimentación|Comentarios desactivados en Amigos da Terra presenta un Directorio de Alimentación Ecolóxica

Amigos da Terra apoiará a produción de pargo en gaiolas flotantes en Nicaragua

Máis dun millón de córdobas (29,625 euros aproximadamente) serán destinados ao fortalecemento de 4 cooperativas pesqueras artesanais para a cría e engorde de pargos en gaiolas flotantes nos departamentos de Chinandega e León.

O proxecto que axudará ao sector pesqueiro, golpeado fortemente pola redución de peixes debido á sobre explotación e uso de malas artes de […]

By | 27 de Decembro, 2018|Novas de Cooperación|Comentarios desactivados en Amigos da Terra apoiará a produción de pargo en gaiolas flotantes en Nicaragua