Montse Fernández

/Montse Fernández

About Montse Fernández

Somos unha asociación ecoloxista que ten como misión o fomento do cambio local e global cara a unha sociedade máis respectuosa co medio ambiente, xusta e solidaria.

Coalición Clima advirte do risco que supón o cambio climático para o turismo

playas-galicia_aumento_nive

Coalición Clima, da que forma parte activa Amigos de la Tierra, formula a necesidade de lograr compromisos serios de redución de emisións de CO2 para evitar o colapso do sector turístico español.


O incremento de ondas de calor, o aumento de temperaturas e a suba do nivel do mar, todo iso a consecuencia do cambio climático, supoñen unha grave ameaza para o sector turístico español e, polo tanto, para a principal fonte de ingresos con que conta o noso país.

[…]

By | 3 de Agosto, 2011|Novas de Clima e Enerxía|Comentarios desactivados en Coalición Clima advirte do risco que supón o cambio climático para o turismo

Menos prospeccións de combustibles fósiles e máis investimento en enerxías renovables

burato-negro

As expedicións na fosa atlántica para localizar xacementos de petróleo e gas, na área coñecida como “Gran Burato”, continuarán durante este mes grazas á Xunta de Galicia, non obstante, Amigos da Terra reitera que é un erro continuar no camiño da enerxía baseada nos combustibles fósiles e propón a inversión deses 1,26 millóns euros no desenvolvemento dos parques eólicos mariños.

[…]

By | 2 de Agosto, 2011|Novas de Clima e Enerxía|Comentarios desactivados en Menos prospeccións de combustibles fósiles e máis investimento en enerxías renovables

Vigozoo celebra 40 anos de ilegalidade

animales_enjaulados

O Concello de Vigo anunciou a “bombo e platillo” a celebración do 40 aniversario de Vigozoo, non obstante, para Amigos da Terra non hai moito que celebrar, xa que 40 anos despois o zoolóxico de Vigo segue sendo ilegal, posto que continúa sen ter licenza municipal de actividade, sen ser o propietario dos terreos, e conta con instalacións pechadas ao público.

[…]

By | 1 de Agosto, 2011|Novas da Asociación|1 Comment

Amigos da Terra alerta do perigo que supón para a saúde os altos niveis de chumbo da ría de Vigo

ria_Vigo_registra_alta_cont

Amigos da Terra solicita ás autoridades sanitarias que realicen controles exhaustivos do pescado e o marisco da ría, para deste xeito garantir que os niveis de metais pesados que se consumen a través destas especies non son prexudiciais para a saúde das persoas, xa que o chumbo é un “neurotóxico bioacumulativo”. Así mesmo, para a asociación, as obras de ampliación do peirao do areal agravarán o problema.

[…]

By | 28 de Xullo, 2011|Novas da Asociación|Comentarios desactivados en Amigos da Terra alerta do perigo que supón para a saúde os altos niveis de chumbo da ría de Vigo

“Doa sangue e planta unha árbore” acada 216 doazóns en Ourense

doasangue2011_b

A Campaña “Axuda a vivir: doa sangue e planta unha árbore”, organizada conxuntamente por Amigos da Terra e o Centro de Transfusión de Sangue de Galicia (CTG) en Ourense, rematou cun total de 216 doazóns, das que o 9% (19 doazóns) se correspondían con cidadáns que efectuaban a súa primeira doazón de sangue. O que significa que 216 novas árbores autóctonas serán plantadas no mes de febreiro, formando parte da biodiversidade galega e contribuíndo así a fixación de solo e a absorción de CO2 da atmosfera.

[…]

By | 26 de Xullo, 2011|Novas de Biodiversidade|2 Comments