Montse Fernández

/Montse Fernández

About Montse Fernández

Somos unha asociación ecoloxista que ten como misión o fomento do cambio local e global cara a unha sociedade máis respectuosa co medio ambiente, xusta e solidaria.

Amigos de la Tierra denuncia o intento de lavado verde da compañía aérea Lufthansa

avion-contaminante

Lufthansa lanzou hoxe o seu controvertido primeiro voo impulsado por agrocombustibles no medio das protestas dos grupos ecoloxistas. O uso de agrocombustibles en avións permite á compañía manter unha cortina de fume e lavar a súa imaxe para facilitar os plans de expansión da aeroliña e desviar a atención da necesidade real de limitar o transporte aéreo para combater o cambio climático.

[…]

By | 15 de Xullo, 2011|Novas de Biodiversidade|Comentarios desactivados en Amigos de la Tierra denuncia o intento de lavado verde da compañía aérea Lufthansa

Comeza a segunda edición do campo de traballo sobre bioconstrución de Amigos da Terra

campotraballobio

O Centro de Educación Ambiental As Corcerizas, acolle dende hoxe e ata o vindeiro 26 de xullo a segunda edición dun campo de traballo alternativo, baseado no coñecemento de novas técnicas de bioconstrución e autoconstrución, o intercambio de experiencias entre os/as participantes e a súa aplicación práctica a través da realización de traballos colectivos no Centro.

[…]

By | 15 de Xullo, 2011|Novas de As Corcerizas|Comentarios desactivados en Comeza a segunda edición do campo de traballo sobre bioconstrución de Amigos da Terra

A nova Lei de Residuos: Unha oportunidade perdida para Redución e a Reciclaxe

reduim-residus_copy

O novo texto da Lei de residuos e solos contaminados aprobado hoxe no Congreso é froito da transposición da Directiva Marco de Residuos europea á lexislación española. Os grupos ecoloxistas lamentan a pouca ambición que tivo o Ministerio de Medio e Medio Rural e Mariño á hora de establecer melloras que poderían ter feito desta, unha lei pioneira na xestión de residuos e ambientalmente comprometida e responsable.

[…]

By | 15 de Xullo, 2011|Novas de Recursos Naturais e Residuos|1 Comment

Amigos da Terra coincide no prexuízo ambiental do transvase do Verdugo

rio-verdugo_pontecaldelas_5

Amigos da Terra, concorda cos alcaldes de Fornelos de Montes e Soutomaior, ao cuestionar a viabilidade ambiental do transvase de auga do río Verdugo ao Oitavén, tendo en conta que ámbolos dous afluentes están incluídos na nova proposta da Rede Natura 2000 e albergan unha importante riqueza natural debido aos seus bosques de ribeira e augas rápidas de montaña, ademais de xogar un papel importante como corredores ecolóxicos.

[…]

By | 15 de Xullo, 2011|Novas da Asociación|Comentarios desactivados en Amigos da Terra coincide no prexuízo ambiental do transvase do Verdugo

A proposta de reforma da política pesqueira común non asegura o futuro da pesca

pesca_yun_fotoA Unión Europea está a perder a oportunidade de garantir a sostibilidade mariña e a viabilidade das poboacións máis dependentes da pesca. Maria Damanaki, Comisaria de Pesca europea, presentou a proposta da Comisión Europea para a reforma da Política Pesqueira Común (PPC). Esta reforma, tras ser discutida no Parlamento Europeo e no ámbito do Consello Europeo, definirá as novas directrices para a pesca comunitaria que deberán entrar en vigor a finais do ano 2012.  Fonte imaxe: (c) Tomo.Yun (www.yunphoto.net/es/)

[…]

By | 14 de Xullo, 2011|Novas da Asociación|Comentarios desactivados en A proposta de reforma da política pesqueira común non asegura o futuro da pesca