Xulio López

/Xulio López

About Xulio López

Somos unha asociación ecoloxista que ten como misión o fomento do cambio local e global cara a unha sociedade máis respectuosa co medio ambiente, xusta e solidaria.

Denunciamos a corta polo pé de seis plataneiros de sombra na Rabaza

IMG-20160122-WA0004
Amigos da Terra
denuncia a corta polo pé de seis plataneiros de sombra “Platanus hybrida” de grandes dimensións, con ata 1 metro de diámetro, que estaban nos laterais da comarcal 523, que entra no tramo urbán de Ourense pola avenida de Bos Aires, á altura da Rabaza. […]

By | 22 de Xaneiro, 2016|Novas de Biodiversidade|Comentarios desactivados en Denunciamos a corta polo pé de seis plataneiros de sombra na Rabaza

Prantación de árbores en Palmés, Ourense

plantacion arnuide 019
Este sábado 23 de xaneiro, Amigos da Terra, en colaboración co Grupo Scout ILEX 959, de ASDE – Scouts de Galicia, imos desenvolver unha pequena actividade de repoboación forestal nos montes do Palmés, que foron víctima este ano dun incendio que consumiu máis de 200 hectáreas nesta zona rural do Concello de Ourense. 

[…]

By | 21 de Xaneiro, 2016|Novas de Biodiversidade|Comentarios desactivados en Prantación de árbores en Palmés, Ourense

Activistas galegas de Amigos da Terra no Cumio polo Cambio Climático en París

adtierra revol enerDurante estes días estase a celebrar a maior cume mundial contra o cambio climático da década, a Conferencia das Partes da Convención Marco de Nacións Unidas sobre o Cambio Climático de 2015, coñecida como COP 21 ou París 2015 e activistas de Amigos da Terra estarán alí presentes. Trátase dunha data crucial, xa que debe desembocar nun novo acordo internacional sobre o clima aplicable a todos os países co que manter o quecemento global por baixo dos 2 ºC. […]

By | 10 de Decembro, 2015|Novas de Clima e Enerxía|Comentarios desactivados en Activistas galegas de Amigos da Terra no Cumio polo Cambio Climático en París

As organizaciones ecoloxistas consideramos negativo o balance ambiental da lexislatura

Circular-EconomyComo ao final de cada lexislatura, as principais organizacións ambientais realizamos un balance do que esta supuxo para o avance nas políticas que afectan á protección da biodiversidade, o clima ou a calidade de vida dos cidadáns. […]

By | 20 de Novembro, 2015|Novas da Asociación|Comentarios desactivados en As organizaciones ecoloxistas consideramos negativo o balance ambiental da lexislatura

Apoia coa túa sinatura aos indíxenas de Guatemala na súa loita coa empresa galega Hidrial

meme firmas guatemala 4Unha empresa Marca España, Ecoener-Hidralia, quere construír unha presa en Barillas, Guatemala. A hidroeléctrica galega chegou á zona en 2007 coa intención de apropiarse do Río Canbalam e os recursos naturais das comunidades de Barillas. Ese mesmo ano, nunha consulta pública, máis do 90% da poboación opúxose á construción da central.

[…]

By | 6 de Novembro, 2015|Novas de Biodiversidade, Videos|2 Comments