Deseucaliptización Simultánea. Voluntariado Forestal en Tourón (Melón)

//Deseucaliptización Simultánea. Voluntariado Forestal en Tourón (Melón)
Cargando eventos
  • Este evento pasou.

O vindeiro xoves, 21 de marzo, é o Día Mundial Forestal, polo que se abre outra oportunidade para reivindicar a defensa do bosque galego polo que decidimos unirnos a través de Cousa de Raíces a unha DESEUCALIPTIZACIÓN SIMULTÁNEA no país, é dicir, accións de arrincado e/ou eliminación de eucalipto e outras especies invasoras.

Parécenos boa idea  conbribuir a aglutinar todas as accións dentro dunha deseucaliptización simultánea que consiga chamar a atención da sociedade sobre a necesidade de eliminar eucaliptos e desenvolver outro modelo de monte  con motivo do Día Mundial Forestal.

Así que continuaremos na mesma zona onde xa estivemos elimiando eucaliptos fai uns meses en Tourón (Melón) o vindeiro sábado 23 de marzo  de 10:30 a 14:30 horas (aproximadamente).

Esta actividade faise en colaboración coa Asociación Vergasta

Punto de encontro: Aparcamento de Tourón

Polo tanto, como sempre, se estás interesada en botar unha man  é necesario inscribirse para esta acción concreta no seguinte formulario.[1]

Para poder coordinar a actividade o formulario pecharase o venres 22 ao mediodía, e unha vez saibamos quen pode ir e como, se vos contactará para coordinar os desprazamentos e a actividade. 

Aquí vos deixamos máis información sobre a iniciativa así como os lugares onde se van a levar a cabo as accións

 

Touron

Leave A Comment