II Deseucaliptización simultánea de Cousa de Raíces na Semana do Medio Ambiente

//II Deseucaliptización simultánea de Cousa de Raíces na Semana do Medio Ambiente
Cargando eventos
  • Este evento pasou.

Na II Edición da Deseucaliptización Simultánea de Galicia, convocada pola rede a prol do bosque galego “Cousa de Raíces”, realizaranse 15 accións de eliminación de especies forestais exóticas invasoras, nomeadamente, de eucaliptos, acacias e mimosas.

Dende Amigos da Terra xunto ca asociación Vergasta e a Comunidade de Montes en Man Común de Tourón (Melón) unímonos a proposta de deseucaliptación simultánea proposta por Cousas de Raíces.

A nosa participación será o domingo 9 de xuño na localidade de Tourón (Melón) eliminando eucaliptos e outras prantas invasoras en horario de 10:30 a 14:30 continuando con esta labor na mesma zona onde levamos xa máis dun ano traballando.

Polo tanto, como sempre, se estás interesada en botar unha man é necesario inscribirse no seguinte formulario (antes do vernes ao mediodía): https://forms.gle/hEz4oMu1A9pgmQWVA

ACCIÓNS POR TODA GALICIA, mais información en   >>>

Leave A Comment