II Xornadas “Xénero, poder e participación”

//II Xornadas “Xénero, poder e participación”
Cargando eventos

 

Nesta xornada queremos afondar nas realidades específicas dos grupos que habitamos e, partindo dos catro espazos nos que se estrutura calquera sistema grupal, revisar como operan o xénero, os coidados e as relacións de poder dentro dos mesmos. En definitiva queremos incorporar os feminismos como un eixe transversal que axude a mellorar a saúde dos grupos.

  • Quen?

O obradoiro está deseñado por unha equipa interdisciplinar con traxectoria no feminismo e na dinamización e facilitación de grupos: Mar Cendón, María Rosendo e Mari Fidalgo.

  • Cando?

Sábado 21 (quenda mañá e tarde) e domingo 22 (quenda de mañá)

  • Onde?

Local Scouts Ilex 695

Rúa Pena Trevinca, 32 baixo

Ourense

  • Para quen?

Terán preferencia as persoas activistas de Amigos da Terra, sen embargo esta xornada está enfocada a calquera persoa que, de forma persoal ou profesional, participe ou dinamice grupos e teña interese en reflexionar e incorporar o feminismo dunha forma transversal dentro dos mesmos.

  • Canto?

O curso é de balde e a asociación financiará a comida do sábado. Se resides fora da cidade de Ourense estamos a negociar para obter prezos asequibles de aloxamento para a noite do sábado.

Esta xornada está co-financiada pola convocatoria Iniciativa Xove da Xunta de Galicia.

PRAZAS LIMITADAS!! Necesaria preinscripción antes do 16 de septembro.

 

Leave A Comment