Laboratorio de ideas sobre participación

//Laboratorio de ideas sobre participación
Cargando eventos

Cada vez hai más consenso para afirmar que o modelo de participación nas organizacións sociais mudou, sen embargo existen moitas dúbidas e preguntas que deberíamos intentar responder…

Estamos integrando este cambio nas nosas estructuras, nas nosas dinámicas internas?

Existen espazos para as “novas formas de participación”?

Hai que reinterpretar o voluntariado ou o activismo?

Debemos renunciar a buscar unha base social comprometida?

Existe unha crise de liderado?

Así que propoñemos crear un espazo informal de reflexión sobre a participación que vaia máis aló da terapia de grupo e que sexa verdadeiramente estimulante e propositivo. Úneste?

O sábado 7 de setembro pola mañá en Santiago de Compostela.

Leave A Comment