Mesa Redonda “A Europa que queremos?” Vigo

//Mesa Redonda “A Europa que queremos?” Vigo
Cargando eventos
  • Este evento pasou.

 

Cando? Xoves 9 de maio ás 19:00 horas

Onde? Biblioteca pública Juan Compañel R/Juaquín Yañez 6 (casco vello, zona Praza Princesa)

Que? Mesa redonda de distintos colectivos da sociedade civil galega onde reflexionarán sobre que implicacións teñen as decisións tomadas no Parlamento Europeo e cal é a Europa que queren dentro do seu ámbito de actuación (dereitos humanos, xénero, políticas agrarias, migración, acordos comerciais, medio ambiente)

Participan: Amnistía Internacional, Ecoloxistas en Acción, Marcha Mundial das Mulleres, SOS Racismo, Sindicato Labrego Galego, ATTAC

Modera: Pablo Díaz Bouza (xornalista da campaña do Parlamento Europeo #EstaVezVoto)

Por que?

As vindeiras eleccións europeas serán críticas para o futuro de Europa. A composición do próximo Parlamento terá implicacións en todas as cuestións nas que traballamos, desde o clima ata as relacións comerciais, desde a alimentación ata a natureza. Así como implicacións máis amplas para o bo funcionamento da democracia, a preocupante tendencia a reducir o espazo para as organizacións da sociedade civil, o incremento da desigualdade ou o peche das fronteiras.

Ademais os partidos de extrema dereita ocupan un lugar destacado nas enquisas en moitos lugares e poderían constituír unha cuarta parte das últimas proxeccións do Parlamento. Sabemos que existe unha forte correlación entre o populismo de dereita e a negación do clima e outras vulneracións dos dereitos humanos.

Amigos da Terra como parte dun movemento máis amplo da sociedade civil pretendemos acadar unha unha Europa sustentable para a cidadanía e reflexionar de forma conxunta como acadala.

 

 

 

Leave A Comment